La Región
El Cromas, un ejemplo de lo que significa ser realmente un influencer
Amigos e amigas:
O mes de maio, Luísa Villalta, co himno galego, o himno de Ourense e as Letras Galegas en Ourense, síntese máis inspirada ca nunca. Para a Virxe de Castro Caldelas (o día da súa coroación) e para a Virxe de Fátima no Couto (os días da súa novena e procesión), tomou os mellores versos do seu libro “Música reservada”, colleu o seu violino (como lle chamaba ela a ese fino instrumento) e interpretou no ceo as súas mellores cancións.
Parabéns ás persoas que deron espírito e vida á coroación, á novena e á procesión. Parabéns ao CIFP A Carballeira-Ourense polo premio do concurso-exposición “Letras Galegas 2024-Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta”; Luísa camiñou –pensa o CIFP- pola literatura e pola música coa “teima e a vontade íntima de voar”. Parabéns a Salesianos, onde voan, estes días, o amor polas letras e a paixón pola música, imitando a Luísa. Parabéns ao Campus Universitario de Ourense polo vídeo “Variacións sobre a obra de Luísa Villalta”. Parabéns ós centros educativos e ós concellos, que estes días festexan a Villalta.
Lembramos que Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004) harmonizou a poesía coa música, a poesía das xentes galegas coa música da paisaxe galega. María Canosa dedícoulle un libro cunha fermosa melodía, resultado de interpretal-as notas da vida de Luísa: DOzura de trato, REservada de carácter, MIlitante no traballo, Formación Académica, SÓLido pensamento, LAtexos do seu corazón e SIlencios que a invitaban a pensar. O seu violín e os seus poemas cantan en Ourense unha fermosa melodía para os oídos máis finos.
Como profesora en Oleiros, Ferrol e Sada defendeu Luísa a igual dignidade entre homes e mulleres, entre ricos e pobres, entre nenos e vellos. O Día das Letras Galegas é unha “festa da palabra musicada”, musicada por quen escoitaba o falar e o cantar dos vellos, para poder transmitir a súa música aos nenos. Villalta non aceptaba dogmas: era feminista e criticaba o feminismo, era nacionalista e critica o nacionalismo, era de esquerdas e criticaba á esquerda. Luísa entregou a súa vida á poesía, á docencia e á música. Luisa tiña alma de violín, corazón de poeta e mans de fina mestra.
Amigas e amigos, a imaxe de Luísa Villalta amósase estes días nos repousacabezas dos trens que pasan por Ourense. Ogallá que o seu amor a Galicia repouse en tódalas cabezas que viven en Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INCORPORACIÓN HASTA 2031
Las mujeres de entre 45 y 74 años podrán acceder gradualmente al cribado de cáncer de mama