HISTORIA E TRADICIÓN
As rúas de Celanova revivirán o seu pasado castrexo-romano
ARTISTA
O Eco das Amazonas de Baldomero Moreiras achegarase este domingo a Celanova nun formato de exposición exprés, apenas tres horas de exposición, para amosar a veciñanza unha espectacular e colorida obra de grandes dimensións que supón un berro en defensa da muller. A colección está formada por 25 bolas de policarbonato pintadas con acrílico de entre 45 e 75 centímetros de diámetro.
Pregunta. Chegan as Amazonas a vila?
Respuesta. Si. É unha gozada máis grande da que podía pensar ver as Amazonas na praza. Non era posible nin que se me pasara pola cabeza. Será algo breve, de 11,00 a 14,00 horas, porque polas condicións das pezas é un risco tanto a choiva como por exceso de sol. Pero agardando de que a xente desfrute. A concelleira de Igualdade, Teresa Barge, será a encargada de facer a presentación das pezas e eu estarei por alí para atender as preguntas e curiosidades de quen o desexe.
P. Que se pode ver na mostra?
R. Serán 25 obras, practicamente todas, adicadas a mulleres de todos os ambientes científicos, artísticos, musicais, de deporte… Na miña procura tratei de que non fosen moi coñecidas, que servise de fío condutor para todo o público, e o certo é que xerou curiosidade alá onde se expuso (Ourense, Museo do Pobo Galego, Casa Museo Casares Quiroga da Coruña e Palacio de Xustiza do Porto). Pensa que no proceso previo eu fixen unha lectura de case 1.000 biografías e a reducín a media hora de visita dunha exposición.
P. Por que na Praza Maior?
R. Isto partiu dunha invitación do alcalde de Celanova, Antonio Puga, que quería que trouxese a exposición á vila. Ao principio non tiñamos sitio, porque é unha mostra que require dun espazo grande e as salas en Celanova son pequenas. Ao final preguntoume: ‘E na Praza Maior?’ Pareceume fantástico e procuramos un día especial... Ía ser o Día da Muller, que non puido ser pola climatoloxía e seguiú chovendo todos os fins de semana de marzo, de abril e de maio… Foi incríble.
P. O domingo coincide coas comunións.
R. Si, non estaba previsto, foi unha casualidade. Esperemos que todo vaia ben, que non as confundan coas esferas que se usan en pilates, xa me pasara unha vez cun neno, e que a veciñanza a desfrute. Aínda que na praza, con volume inmenso que ten, vai resultar pequena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HISTORIA E TRADICIÓN
As rúas de Celanova revivirán o seu pasado castrexo-romano
FESTAS VIRXE DA ENCARNACIÓN
Centos de faroliños iluminan Celanova pola Ramallosa
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Amaral visitó Celanova?
Lo último
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
DEBERÍA ESTAR LISTO EN 2029
Luz verde al nuevo acceso al CHUO desde la N-565