MULTITUDINARIA ROMERÍA
Vilanova dos Infantes baila por la Virgen de O Cristal
CULTURA
A Casa dos Poetas de Celanova acolleu onte a presentación dun poemario, Estraloques, o primeiro que ve a luz do poeta Manuel Lamela Bautista, e da nova asociación Murabellos impulsada por Suso Díaz para dar voz aos novos autores da bisbarra. Os veciños da Baixa Limia escolleron a casa-museo de Curros Enríquez para amosar os seus pasos en favor da cultura e as letras arraianas que comparten a Baixa Limia e a Terra de Celanova.
A Horta da Palabra da casa-museo acolleu unha sinxela pero emotiva presentación na que participaron, ademáis de Manuel Lamela e Suso Díaz, o escritor e patrón da Fundación Curros Enríquez Xosé Benito Reza e José Yáñez, activo dinamizador na zona do Xurés.
A Fundación Curros Enríquez segue a ser unha entidade de referencia no eido cultural, tal e como se demostrou este fin de semana coa dobre cita cultural que arrancou o venres coa exposición de Pedro Castro Couto ‘Perico’. Pero tamén no eido escolar. Os responsables da fundación daban a coñecer onte os datos dos centros escolares que cada ano escollen Celanova como centro das súas saídas. A oferta literaria e musical trouxo este curso 2.200 alumnos de 52 centros de ensino de toda Galicia, sendo Pontevedra a provincia máis fiel do programa escolar. De cara ao novo curso, dende a Fundación perfilan a inclusión da “Xincana de Celanova” na oferta de actividades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MULTITUDINARIA ROMERÍA
Vilanova dos Infantes baila por la Virgen de O Cristal
ROMERÍA POPULAR
Los fieles llenaron Rabal, en Celanova, con su devoción mariana
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima