MULTITUDINARIA ROMERÍA
Vilanova dos Infantes baila por la Virgen de O Cristal
ENTREVISTA
O Auditorio Ilduara de Celanova acollerá este sábado, ás 20,00 horas, a obra de teatro “A Lola” de Avelaína Teatro no marco das segundas xornadas Memoria e Muller organizadas polo Comité de Memoria Histórica Comarca de Celanova e o Concello celanovés, a través do Pacto de Estado. Manuel Ayán é un dos protagonistas da historia, ademais do autor e director da obra que leva 60 funcións dende o 2017, sendo a segunda vez que se representa na provincia.
Pregunta. Que é Avelaíña Teatro?
Respuesta. Avelaíña somos un grupo de teatro afeccionado que levamos con isto dende fai moito tempo. Somos un grupo de persoas xubiladas case todas, procedentes a maioría do mundo do ensino, e seguimos nese camiño sobre o escenario. Queremos e facemos un teatro de tipo intelectual e pedagóxico. Temos “Almas na Gloria”, en relación ao tema da posguerra e o galeguismo; “María Castaña”, que trata o tema da muller, da loita da muller pola liberación fronte ao poder; e tamén “A Lola”. Obras cun matiz de tipo intelectual, teñen relación con despertar a conciencia co tema da igualdade, do enfrontamento ao poder.
P. Quen é Lola?
R. A obra conta, fundamentalmente, a historia da muller dun mestre republicano que foi paseado. Todo o que a ela le pasa para sobrevivir e sacar adiante os fillos. Recolle o ambiente ideolóxico da época, as diferencias entre as dúas maneiras de pensar, golpista e do grupo republicano. E logo, como foi a represión e a historia desta muller, da Lola, do que tivo que soportar para sacar adiante aos seus fillos. Sitúase fundamentalmente en dous momentos, no posterior ao golpe de estado e o outro, a final dos anos 60, onde a segunda xeración empezan a recuperar a memoria a través da existencia dos fillos. En “A Lola” están recollidos todos os tópicos: a escravitude da muller, o roubo dos fillos, a represión no vestir…
P. A estrea foi no 2017, mudou a sociedade dende aquelas?
P. Recuperouse moito no tema da memoria, hai moitos investigadores que traballaron e divulgaron e hoxe hai unha conciencia social realmente importante na recuperación da memoria e na existencia de aclarar o que pasou, dos netos maioritariamente. Unha obra de teatro, o que ten de bo, cando plantexa problemas así, é que a xente, ao saír do teatro, fálao, revíveo, pono en común… porque moita xente coñece historias similares.
“Os netos teñen moito interese”
“En ‘A Lola’ están recollidos todos os tópicos: a escravitude da muller, o roubo dos fillos, a represión no vestir…”
“Recuperouse moito no tema da memoria, hai moitos investigadores que divulgaron”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MULTITUDINARIA ROMERÍA
Vilanova dos Infantes baila por la Virgen de O Cristal
ROMERÍA POPULAR
Los fieles llenaron Rabal, en Celanova, con su devoción mariana
Lo último