PRIMEIRA FASE DAS OBRAS
Vilanova dos Infantes terá unha mobilidade máis respectuosa
A programación arrincará o venres 10 coa inauguración oficial na Praza Maior de Celanova ás 20,40 horas, un acto que marcará o inicio dunha fin de semana intensa. Uns minutos despois, as Pandereteiras Celavella poñerán o toque tradicional coa súa música popular galega. A partir das nove da noite comezará tamén o XIII Concurso “Pinchos da Miña Terra”, que reunirá nos locais hostaleiros participantes unha ampla mostra da gastronomía local e de tempada, con propostas que combinarán creatividade e produtos do outono. O concurso extenderase durante toda a fin de semana. “”Levábase dous anos sin facerse. Xa en primavera fixemos un roteiro. Agora este concurso contará cun xurado profesional formado por exprofesionais do sector na vila. Eles escollerán os tres mellores pinchos e haberá tres premios: un primeiro, de 130 euros, un segundo, de 60, e un terceiro, de 30 euros. Ademáis haberá un premio popular de 50 euros que será elexido entre os asistentes e consumidores do concurso. Tamén se sorteará unha escapada de fin se semana entre os participantes/consumidores do concurso”.
O sábado 11 será a xornada máis completa, cunha programación pensada para todos os públicos. Desde as dez da mañá ata as oito da tarde, o Claustro Barroco de Celanova acollerá a IV Feira BIO, organizada por Julio Gosende, un espazo dedicado aos produtos de proximidade, de tempada, da horta ou produtos naturales, entre otros. Os asistentes poderán participar en un gran mercado de segunda man con roupa, xoguetes, calzado, mobles…. A media mañá (11,30 horas), no Mercado de Abastos, celebrarase o obradoiro “Sabores de Outono”, impartido por Sabores Espontáneos. Ismael Núñez, presidente de Celanova CHEA, sinala que “se elaborarán platos con produtos do outono. As prazas son limitadas e pódese inscribir nas redes sociais da asociación ou a través da web”.
A asociación de comerciantes Celanova CHEA promove esta primeira edición da feira
A música e a animación tomarán o relevo ao mediodía co pasarrúas do grupo Lembranza Solpor, que percorrerá o centro da vila e os locais participantes no concurso de pinchos. Xa pola tarde, os Xardíns do Claustro Barroco converteranse nunha pasarela coa xornada de desfiles protagonizada por tendas locais e novos deseñadores. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Refectorio. “Durante este acto haberá unha sorprensa especial que non podemos desvelar. Tamén se decidiu entregar un premio dunha sesión de fotos feita por un fotógrafo profesional e un premio de 50 euros para consumir en los negocios del comercio local adheridos a la asociación Celanova CHEA”.
O ambiente festivo continuará coa Batucada Vilatuke, que iniciará o seu percorrido no Mosteiro de San Salvador para animar o centro urbano, e coa actuación da Canteira de Sons, a sección xuvenil da Banda de Música de Celanova. A noite pecharase coa sesión “Outono Vibes DJ”, a cargo de Sula DJ, que prolongará a festa ata a madrugada na Praza Maior.
O presidente da asociación comenta que “a idea é que o dinamismo chegue a todo o pobo, e non só o centro”.
O domingo 12, a programación manterá o ton animado coa Feira BIO, que repetirá horario e escenario. A música volverá ser protagonista na sesión vermú con MINO, prevista entre as doce e as dúas do mediodía na rúa San Roque e Praza Cervantes, espazos que tamén acollerán a despedida da festa ás dúas da tarde.
Durante toda a fin de semana, os visitantes poderán seguir degustando as propostas do XIII Concurso “Pinchos da Miña Terra”, un dos grandes atractivos deste novo evento. Con esta primeira edición, Celanova CHEA quere consolidar unha celebración que combine tradición e modernidade e que sirva para dinamizar a vila e celebrar a chegada do outono coa mellor das caras: a da convivencia e a cultura local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMEIRA FASE DAS OBRAS
Vilanova dos Infantes terá unha mobilidade máis respectuosa
LADRONES DEL METAL
La “banda de los cristos” sustrae en Celanova 34 figuras en solo una noche
PIDEN DENUNCIAR OS FEITOS
Urxen protexer o histórico grafiti celanovés danado
MONASTERIO DE SAN ROSENDO
El histórico grafiti de las Mocidades Galeguistas borrado en Celanova será restaurado
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas