CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
O Padroado da Fundación Curros Enríquez acordou onte, por unanimidade, concederlle o premio “Celanova, Casa dos Poetas” a Bieito Ledo, pola súa contribución á cultura galega “desde o ámbito da xestión cultural, da edición e de propostas que procuraron sempre o afondamento nas nosas raíces dende a súa aldea de Padroso”, recolle o fallo do xurado, presidido polo presidente Antonio Puga. Nel destácase o traballo en prol da cultura e da convivencia feito dentro todos os ámbitos por este “ourensán universal”, tamén polas súas achegas ao mundo editorial e ao saber cultural e científico, co legado enciclopédico da editorial Ir Indo e os Premios da Crítica Galicia.
A cuadraxésima edición do certame, cuxo acto de entrega terá lugar o primeiro domingo de setembro, por ser a data máis próxima ao aniversario de Celso Emilio Ferreiro, sorprendeu e emocionou a partes iguais ao seu protagonista. “Hoxe medro por dentro. Isto é unha marabilla. Unha gran honra, un alto honor que para nada me esperaba. Primeiro porque leva o nome de Celanova e esa Casa dos Poetas do gran Curros Enríquez que, xunto a Rosalía de Castro, foron os que inventaron dalgunha maneira Galicia, tamén de Celso Emilio Ferreiro a quen tratei en Vigo, de Méndez Ferrín…”, dixo Bieito Ledo, quen trasladou o seu agradecemento aos membros do xurado ao decantárense por el entre as diferentes propostas.
No transcurso da reunión, que por espazo de dúas horas citou na sala da lareira a representantes do Concello de Celanova, da Consellería de Cultura, da Deputación de Ourense, da Real Academia Galega, do Consello da Cultura, da Universidade de Vigo e outros patróns a título individual no cal se estreou o poeta celanovés Baldo Ramos, aprobáronse as contas e actividades de 2023, entre outros asuntos internos da entidade.
A Casa dos Poetas seguirá sendo neste ano o epicentro da actividade cultural das Terras de Celanova, acollendo novas exposicións, conferencias, obradoiros e presentacións, como a que onte mesmo protagonizaba José María Paz Gago co “O gran libro do Cocido Galego”, na que estivo acompañado de Ana Díaz, Juan Maceiras, Antonio Puga e Juan García.
Entre as novidades para 2024 destaca a recuperación da Ruta Currosiana, que unía os lugares mencionados por Curros Enríquez nos seus poemas de “A Virxe do Cristal”, “O gueiteiro” e “Unha boda en Einibó”. O obxectivo da entidade pasa por “reforzar as propostas de actividades literarias con roteiros destinados a escolares, grupos e visitantes en xeral”, reformulando dito itinerario e promocionando o roteiro urbano “Poemas na rúa”.
Ao longo de 2023, a Fundación Curros Enríquez atendeu a 13.780 persoas, destacando a recepción de máis de 3.000 visitantes atendidos só en grupos por asociacións e axencias de viaxe; e a 3.800 escolares que participaron no programa “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio”. De cara ao 20 aniversario da apertura da Casa dos Poetas en 2026, presentouse unha memoria que recolle a proposta de reformas para o edificio ao que se engadirá un plan de musealización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último