PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
CULTURA
A celanovesa Casa dos Poetas da Fundación Curros Enríquez celebra a exposición de escultura “Hombre de Caminos”, na que se exhibirán 25 pezas en diferentes formatos, bronce, pedra e madeira, obra do lugués Eduardo R. Osorio, finado en 1995. A inauguración desta mostra terá lugar este vindeiro venres, 17 de xaneiro, ás 19,00 horas, e permanecerá aberta ata o 17 de marzo.
Tódalas obras expostas pertencen á época creativa do escultor galego, caracterizada por un traballo constante e de perfeccionamento dentro do seu sentimento pola arte. A súa obra reflicte un mundo evocador no que Osorio honra á súa terra nai, Galicia, aunando no seu espírito escultórico a morriña dun eterno desexo de retorno voluntario á súa terra.
Osorio foi tamén un gran mestre do retrato, con máis de cen cabezas modeladas, polo que a mostra complétase cun apartado de fotografía documental do escultor modelando retratos de ilustres personaxes da cultura galega, como o busto do celanovés Celso Emilio Ferreiro, de Lauro Olmo, Dionisio Gamallo ou Daniel Cortezón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
NOCHE DE MISTERIO Y TERROR
Atrévete al “Claustro das ánimas” en Celanova
Lo último