Catorce agrupacións e moita festa con Celavella no Mosteiro de San Salvador de Celanova
FOLIADA
Celanova acolleu este pasado sábado unha gran foliada coas Pandereteiras Celavella como anfitrioas
A música de raíz conquistou esta fin de semana o antigo refectorio do Mosteiro de San Salvador de Celanova. As integrantes de Pandereteiras Celavella foron as anfitrioas e organizadoras dunha foliada que contou coa participación das agrupacións chegadas dende diferentes recunchos da comarca das Terras de Celanova e mesmo doutros concellos da provincia de Ourense, que deron mostra da súa arte tradicional ante o público que se deu cita no salón de actos.
A foliada arrancou ás oito da tarde, sucedéndose as actuacións das 14 agrupacións participantes desta quita edición, que contou coa colaboración do Concello e o centro sociocomunitario de Celanova. Non faltaron no acontecemento, que se prolongou máis aló da media noite nunha exaltación interxeracional, os convites gastronómicos e os sorteos entre os asistentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una colisión entre un coche y una moto en A Valenzá deja un herido