O cinema en galego centra a programación de novembro na Casa dos Poetas de Celanova
PROGRAMA
Consulta aquí a programación completa da Casa dos Poetas de Celanova para o mes de novembro grazas ao Ciclo Mestre Mateo
A Casa dos Poetas inaugurou este pasado fin de semana o Ciclo Mestre Mateo que centrará a programación de la axenda cultural de novembro en Celanova. As proxeccións cinematográficas en galego, que alternarán documentais con longametraxes e curtas para diferentes públicos e idades trasladáronse onte á Sala dos Arcos.
O céntrico espazo municipal con acceso dende a Praza Maior acollerá ás 19,30 horas as proxeccións de “Fatum” hoxe martes, “Matria” (mañá 6 de novembro), “Salta” (día 11), “A viaxe de Lucy” (12), “Chichi e mais eu” (13), “Os Espazos en branco” (18) e “Emoción vida e teatro” (19). O sábado día 9 a sesión, que incluirá a proxeccións de curtas de animación, será ás 12,30 horas na Casa dos Poetas.
En clave formativa, nas instalación da aula Cemit de Celanova desenvolveranse os cursos e obradoiros “Competencias dixitais básicas para menores”, “Configuración de dispositivos e uso de aplicacións móbiles (II)” ou o de “Follas de cálculo con Libre Office Calc” que arrinca hoxe.
A programación deste mes continuará, o día 23, co acto do primeiro aniversario de “Onde o mundo é Celanova” ás 20,00 horas no Auditorio Ilduara e o sábado 30 de novembro, terá lugar a II Gala de premios culturais e deportivos Mouchiño, ás 17,00 horas no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Basket x Libros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos