A escola de teatro de Celanova pechou o curso cunha de historia
celanova
Os pequenos actores representaron na escea a obra "O florido pensil"
Co obxectivo de que os máis pequenos percibisen as diferencias entre a educación que reciben hoxe en día nos colexios e a que recibiron os seus pais e avós, o profesor da escola municipal de teatro, Jouse García, elixiu a obra "O florido pensil" para protagonizar a función de clausura do programa formativo deste ano. "Teño visto a varias compañías representar esta peza, pero nunca con nenos", explica o docente. Por iso lle pareceu un "reto" levar a cabo este título, que na publicación orixinal de Andrés Sopeña leva por subtítulo "Memoria de la escuela nacionalcatólica" e que, dende a súa publicación en 1994 se convertiu "nunha das obras máis representadas en España", explica o mestre actoral.
Deste xeito, os pequenos actores recibiron o texto co escepticismo propio de pensar que os relatos do seu profesor de teatro sobre o que pasaba na escola cando el era pequeno "non podía ser certo", confesaban os cativos. "Agora se non fas os deberes un día, póñenche un negativo e xa está, pero antes...". Todos coincidiron en asegurar que prefiren a escola de agora fronte ó que acontece en "O florido pensil".
A obra constitúe unha crítica á educación que se impartía nos centros educativos durante a época franquista, así como a tódalas "barbaridades que lle facían e dicían ós nenos".
Os actores foron turnando os seus roles para representar a profesores e alumnos impartindo clases de mátemáticas, xeografía, historia... "Eu son o inspector", dice Aitor, "e o que fago é berrar con todo o mundo".
Gran asistencia
Son nove os alumnos de entre 9 e 12 anos que durante todo o curso acudiron ás aulas de teatro no auditorio Ilduara de Celanova. Durante o primeiro trimestre dedicáronse á parte máis teórica da actuación, recibindo clases de técnica e improvisación. "Durante o Nadal xa empezo a traerlle textos para que vaian escollendo o que lles gustaría representar". Xa en febreiro, co texto final elixido, empezaron os ensaios. Do grupo de Celanova, Jouse García salienta a gran asistencia. "Son profesor de teatro noutros sitios e sorpréndeme moito o compromiso" dos nenos de Celanova, porque "o que máis fallou, faltou só dous días". Mentres o profesor pronuncia estas palabras os nenos, emocionados, levantan a man: "Eu non faltei ningún día".
Ante a pregunta de se estaban nerviosos pola actuación deste martes responderon case ó unísono: "Non!". A escola municipal de teatro de Celanova iniciou a súa actividade hai agora seis anos e algúns deles levan nela dende o principio. Outros, pola súa banda, participaron este ano por primeira vez. É o caso de Adriana e Sara, pero a experiencia resultou tan satisfactoria que "volveremos o próximo ano". A ilusión é un grado e, por iso, volveron demostrar o seu talento cunha obra que lle trouxo lembranzas un tanto traumáticas ó público presente na sala pero que, tanto o paso do tempo como o "desparpajo" dos pequenos actores, lles fixo pasar grandes momentos de risa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Marruecos: ¿fiable y responsable?
PROFUNDA MODERNIZACIÓN
La base aérea Antela recibirá 4 millones para ampliar su capacidad operativa
José Ángel Vázquez Barquero
La Ribeira Sacra, una candidatura de Estado, un proyecto de país
APUESTA POR LA VITICULTURA
Más de 620.000 euros para el Centro do Viño de Ribadavia