Unha foliada lembra a Rosalía nas lareiras do Rexurdimento en Celanova

As compoñentes da Asociación de Amas de Casa Ilduara serán as encargadas de elaborar o caldo de gloria que este ano se repartirá, por primeira vez, na lareira da Casa dos Poetas de Celanova

Participantes na degustación do caldo de gloria no 2022.
Participantes na degustación do caldo de gloria no 2022.

A hostalería de Celanova e a Casa dos Poetas festexarán o Día de Rosalía coa degustación do caldo de gloria. A Fundación Curros Enríquez volve a capitanear na vila de San Rosendo esta homenaxe cultural e gastronómica con motivo do 186 aniversario da autora na xornada do xoves 23 de febreiro.

As compoñentes da Asociación de Amas de Casa Ilduara serán as encargadas de elaborar o caldo de gloria que este ano se repartirá, por primeira vez, na lareira da Casa dos Poetas no marco dunha foliada cultural que, a partir das 19,00 horas, desenvolverase simultaneamente nas lareiras da Casa da Matanza, sede da Fundación Rosalía en Padrón, e na Casa do Couto da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso. Os tres fogares do Rexurdimento.

O acto, que será retransmitido en streaming dende a Horta da Palabra, incluirá tamén unha lectura colectiva do poema no que Rosalía de Castro describe a receita do caldo. Amenizarán o acto na casa familiar de Manuel Curros Enríquez a Banda de Gaitas de Celanova e o grupo Lembranza Solpor.

Durante toda a xornada, que coincidirá ademáis coa feira semanal, as persoas que dexesen celebrar o Día de Rosalía degustando o tradicional caldo de gloria poderán facelo nos 26 bares, tabernas e restaurantes da vila que, “un ano máis, se uniron de forma entusiasta a esta actividade, compartindo coa súa clientela o caldo como plato do día”, subliñaban dende a Casa dos Poetas.

Contenido patrocinado

stats