Francisco Estévez Lengua: "As matemáticas e a literatura non están tan lonxe como a xente poida pensar"
Francisco Estévez Lengua é o director da revista estudantil dixital da Facultade de Matemáticas da USC, unha iniciativa na que participan oito estudantes galegos
Un celanovés está detrás de Máis Mates, a revista estudantil dixital da Facultade de Matemáticas da USC que este outono editou o seu primeiro número. Francisco Estévez Lengua é o director dunha iniciativa na que participan oito estudantes galegos.
Como xurdiu a iniciativa?
Foi no verán. Eu estou en terceiro curso e, este ano, apetecíame facer algo máis que só estudar matemáticas. E pensando, ocorréuseme o da revista. A finalidade das matemáticas é metelas na sociedade. Neste caso, está enfocada para o alumnado desta materia.
Cal é o obxectivo?
A revista xurde, por unha parte, como un punto de posta en común de ideas. Somos estudantes, que podemos facer para mellorarnos? Porque penso que estamos un pouco desaproveitados. E logo ten unha parte de complementar o que xa vemos na carreira, onde damos cousas máis teóricas… Na revista hai diferentes seccións: teoría matemática, que son máis inquedanzas persoais; outra sobre historia; novas; retos, que é máis matemáticas recreativas; e sociedade, onde nos gustaría facer entrevistas aos profesores, para que nos amosen o seu punto de vista.
Que tal foi a acollida?
Penso que é boa. Recibimos moitos parabéns por parte do alumnado e do profesorado. Xa no primeiro contacto coa decana de Matemáticas, e a vicedecana, aceptaron a proposta moi gratificadas. Elas queren que o estudantado se implique, facer este tipo de cousas e, xa dende o primeiro momento, decidiron subila na páxina da Facultade (intranet). Xa contactaron con nós dende a Real Sociedad Española de Matemáticas para por en común todo o que ten que ver con revistas estudantis de Matemáticas.
Un celanovés dirixindo unha revista de mates, soa a tópico.
(Risas) Cando saes fóra e dis que es de Celanova, sempre fan referencia a que é terra de poetas... Non o son, pero non estamos tan lonxe como a xente poida pensar. Esta revista é matemática pura, pero nós temos tamén a nosa propia literatura. Somos unha ciencia, pero para achegar os nosos contidos ao público, a forma que temos de contalo, é unha linguaxe propia que é ademáis o que nós pretendemos coa revista. E, no tema das influencias, penso que o uso do galego é algo que teño de Celanova, deses referentes sen os cales quizais non o tería tan asimilado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NOVAS XENERACIÓNS PP
Miguel Ángel Blanco, un “exemplo para os mozos”
ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Miércoles, 8 de abril
CIFRAS DE DEUDA ALARMANTES
El Concello de Ourense acumula ya 28,3 millones en impagos
UNA AUTOVÍA INTRANSITABLE
La A-52, una sucesión de parches en el principal enlace de Ourense con el resto de España
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
Las hierbas vagabundas de la cárcel vieja