PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
MÚSICA TRADICIONAL
A provincia de Ourense, e máis concretamente Terra de Celanova, estará representada este ano no Festival Intercélitico de Lorient. Despois de 40 anos sen representación ourensá, o grupo Rebulir de Ramirás participará nun dos maiores festivais do mundo, que o ano pasado reuniu a preto dun millón de persoas na Bretaña francesa. A delegación, que parte o xoves 8 de agosto e voltará o luns 19, estará composto por 45 artistas nos que se inclúen músicos, pandereteiras, bailadores e unha representación do Entroido con Pantallas, Peliqueiros, Bonitas e Folións.
Cada noite, actuarán ante 15.000 persoas no estadio de Montoire e participarán no gran desfile das nacións celtas con preto de 100.000 espectadores e retransmitido na televisión francesa. Desde Rebulir asumen este reto con responsabilidade e ilusión a partes iguais, sendo este un dos maiores proxectos nos que se teñen embarcado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
NOCHE DE MISTERIO Y TERROR
Atrévete al “Claustro das ánimas” en Celanova
Lo último