José Antonio Pérez: "O apoio dos veciños anímate a seguir, iso é que aínda temos cousas que mellorar"

Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense

José Antonio Pérez Cortés sigue coa mesma ilusión e gañas por mellorar o seu concello, que cando chegou á alcaldía fai 46 anos. Nesta ocasión, igual que ocorreu no 2019, gobernará sen oposición.

Los nuevos alcaldes de Ourense: José Antonio Pérez Cortés, alcalde de Quintela de Leirado

Como afronta a nova etapa?

Con ganas, con ilusión e con forza. Temos feito moitas cousas polo concello e aínda quedan cousas por facer: Xa temos obras adxudicadas por máis de 300.000 euros. O respaldo veciñal anímate a seguir.

Que valoran os veciños?

A xestión que facemos toda a Corporación. Non cabe dúbida de que o concello mellora en infraestruturas, servizos… E os veciños o ven. A pesar de ser un concello pequeno, temos boas comunicación e os servizos. Unha casa do maior, unha vivenda comunitaria e, algo que aprecian moitísimo, o transporte municipal.

Que lle falta ao concello?

A casa niño. Xa a tiña conseguido pero, a beneficiaria rexeitouna fai dous anos. Hoxe temos catro bebés, de meses, podíamos estar funcionando perfectamente…

Cales serán os obxectivos dos vindeiros catro anos?

Arranxar o entorno do concello, seguir modernizando os pobos centrándonos nos camiños de Redemuíños; a instalación de placas solares; dotar ao pobo de Quintela dun local social e crear vivendas sociais. Facilitar a vivenda é importante para fixar poboación, aínda que esa loita ten que vir dun plan estatal e autonómico. A nivel turístico, promocionar o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial e as rutas de sendeirismo.

Non ten pensado deixar a política?

Non o sei. Supoño que será unha das derradeiras lexislaturas. Cumpriría, chegado o final, 51 anos no Concello. Son moitos. Que me anima a seguir? que a saúde acompáñame, o apoio que temos de preto do 90% dos votos. Todos cometemos fallos, non fas as cousas a gusto de todos… pero a xente o tolera e me pide que continúe. O ter tempo para dedicarlle e que vivo no medio, tamén é importante. Escoito o bo e o malo (risas).

E outros catro anos sen oposición

Nola facemos nós a nós mesmos (risas). Temos concelleiros en cada parroquia que fan esa labor, que traen as necesidades e as demandas dos pobos ao pleno. Eu mesmo, todo o ano co meu todoterreo, percorro o concello, anoto o que vexo que falta e, cando podemos, o arranxamos.

Contenido patrocinado

stats