Un libro plasma a Galicia imaxinada de Carlos Velo
LITERATURA
Trátase da quinta publicación promovida pola Fundación Carlos Velo con sede en Cartelle
“Imaxes para unha película” é a nova publicación editada pola Fundación Carlos Velo para seguir visibilizando o legado do cineasta de Cartelle. Trátase dunha peza literaria singular, imaxinada no seu momento por Velo como futuro guión cinematográfico e que acabou publicando na revista Vieiros que dirixiu xunto con outros dous ourensáns, Luis Soto e Florencio Delgado Gurriarán.
A presidenta de honra e a presidenta da Fundación, Laura Gardos Velo e Carmen Leyte, xunto co patrón da fundación e secretario da Asociación de Casas Museo e Fundacións de Escritores, Antonio Piñeiro, presentaron onte a publicación, a quinta editada pola fundación de Cartelle e baixo a supervisión de Xosé Enrique Acuña.
A biblioteca Nós de Ourense acollerá este xoves un coloquio sobre a correspondencia con Neira Vilas
Trátase dun traballo en galego e castelán, no que Velo afonda no mundo tradicional galego, con ilustracións de Cristina Villaverde Ruiba, na cal reflexiona sobre a cartelería histórica de diferentes filmes clásicos. A presentación do novo libro non será a única actividade prevista pola Fundación Carlos Velo para esta semana.
Correspondencia
O vindeiro xoves, 31 de outubro, a Biblioteca Pública Nós de Ourense acollerá, ás 19,30 horas, un coloquio ao redor da correspondencia que tiveron na emigración o escritor de Vila de Cruces, Xosé Neira Vilas, e o cineasta nado en Cartelle. Na mesa intervirán Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas e neto do escritor, e Mónica V. Lopo, xornalista e membro da Fundación Carlos Velo que, tras a presentación de Carmen Leyte, achegarán ao público esa amizade de dous intelectuais galegos na diáspora. Dende a fundación, lembran que Neira Vilas e Velo, un dende Cuba e outro dende México, “mantiveron unha froitífera correspondencia” e, a través desta amizade, o autor de Memorias dun neno labrego chegou a publicar algúns dos seus contos e poemas en Vieiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños