CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
Los nuevos alcaldes
María Teresa Barge leva dúas décadas á fronte do goberno municipal da Bola, contando nesta lexislatura con seis edís o PP, fronte aos tres que alcanzou o BNG.
Como afronta a nova lexislatura?
Con moita ilusión, creo que máis ca nunca. Me atopo case con adicación exclusiva, non só en termos políticos, tamén técnicos. E con capacidade para por en marcha proxectos que se atrasaron nestes anos de pandemia e que poden dar un segundo xiro á Bola para fixar poboación e conseguir un desenvolvemento adecuado.
Que cree que valoran os veciños?
Supoño que confianza, eu tamén a teño neles. Estamos a volta de 20 anos cun apoio do 67% e despois dunha pandemia onde quedaron infraestruturas sen desenvolver por falta de financiamento. Confianza e incluso diría que afecto, síntome querida polos veciños e así mo fan saber.
Ten a mesa de proxectos…
Si, algúns anuais, outros plurianuais. Estamos coa limpeza dos pobos, o campamento de conciliación, a renovación do parque infantil da área recreativa, que é a referencia de ocio no concello. É unha obra que xa fixera o meu pai, na que plantexamos melloras (peche, cancha deportiva…) e continuaremos coa ampliación doutro lado do río. Preto do mercado de Cacabelos temos unha casa antiga, estamos encaixando financiamento para definir os usos (centro degustación, museo etnográfico,de artesanía…)
Cales serán as prioridades?
Rematar a rede de saneamentos. É verdade que fixemos moita renovación, pero temos que seguir para aprobar definitivamente o plan xeral. Levamos catro anos parados, temos que acadar que a Confederación Hidrográfica execute o plan hidrolóxico 2022-2027 no que meteron a depuradora do Ourille. Ese proxecto é vital. Tamén queremos recuperar fontes e edificios tradicionais e contar cun servizo de asesoramento medioambiental. Somos Reserva da Biosfera e queremos ter un técnico que poña en marcha iniciativas e que faga seguimento dos proxectos. Temos que impulsar o rural, a parcelaria... Iniciativas que fixen poboación como o será a residencia. Tamén queremos que a escola infantil volva a abrir como casa niño.
Que espera da oposición?
Colaboración construtiva, por suposto. O Concello ten que ser a prioridade, non as liortas políticas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
EXPOSITORES Y GASTRONOMÍA
Motos, lentejas y callos animarán Celanova este puente festivo
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
As expropiacións para ampliar os carrís da OU-540, na primavera de 2026
Lo último
ELECCIONES EN EXTREMADURA
Casi 891.000 extremeños están llamados a votar este domingo en las elecciones autonómicas del 21D
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad