Modesto Vispo Pateiro: "Bailaríns que suman 13 campionatos do mundo acudirán ao noso festival"
O Festival Baila Conmigo, que leva xa 16 edicións, será o pistoletazo de saída ao verán en Celanova os días 14 e 15 de xuño. Un evento que o ano pasado reuniu preto de mil persoas entre as clases maxistrais no Claustro Barroco, a exhibición no Auditorio Ilduara e o baile social posterior. Modesto Vispo é o presidente da asociación organizadora do evento.
Como se presenta esta edición?
Despois do vivido o ano pasado, do subidón brutal de ter ao mellor do mundo como é Johnny Vázquez, a xente pode pensar que non se pode superar. Pero este ano, polo escenario pasarán bailaríns que suman 13 campionatos do mundo, nove de salsa e catro de bachata. Non hai moitos eventos que os teñan.
Que poderán atopar os asistentes?
Abrimos o venres na Praza Maior con clases gratuítas, baile social e o concurso “Baila Baila”. Este ano démoslle un impulso, con premios económicos, e xa temos seis parellas inscritas. O sábado, durante o día haberá clases no claustro barroco, tres salas (unha para infantil) e en nivel aberto de salsa, bachata e kizomba. O festival, pola noitiña, no Auditorio Ilduara, contará con 22 exhibicións, entre os cales estarán os mellores bailaríns de bachata de Galicia, os campións de España e cabeza de cartel que son Luis Chávez e Alba Ibáñez… Imos ter un gran nivel en bachata, aínda que é un evento máis ‘salsero’.
Os bailes latinos non pasan de moda?
A moda segue. Cando empezou fai 20 anos era todo salsa. Agora está de moda a bachata. Ten un tirón brutal.
A nivel local, cantos alumnos tedes na escola?
Entre Celanova, Ourense e a Baixa Limia, preto de 130 alumnos. Este sábado, ademáis, celebraremos a última festa da tempada. É unha das actividades que retomamos tras a pandemia. Unha vez ao mes, reunímonos para bailar e compartir fóra das clases. Un evento que tamén trae xente á Celanova.
Que orzamento manexades para esta edición?
16.000 euros. Contamos co apoio do Concello e tamén da Deputación, imos a un concurso e sempre con boa puntuación. Somos o evento máis antigo de Galicia e de España. Non fomos os primeiros, pero aquí seguimos e, si non fóra pola pandemia, este ano alcanzariamos a maioría de idade. Tamén agradecer as empresas e negocios de Celanova, sen o seu apoio, non poderíamos manter estes prezos con clases a todo o día a 30 euros ou un pase completo (clases, exhibición e baile), 45 euros. Noutros eventos similares, o prezo ronda os 90 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
REVISIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
La vecina que ganó al Concello de Ourense exige el cierre de los garajes de San Antonio
HISTÓRICO ASCENSO
El Antela sigue de fiesta tras el ascenso a Tercera Federación