SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
OBITUARIO
José Manuel Pérez, de 41 anos de idade, fillo de José Antonio Pérez, actual alcalde de Quintela de Leirado, faleceu na mañá de onte tras sufrir unha indisposición no seu domicilio, situada na céntrica rúa Emilia Pardo Bazán de Celanova . Según parece, trátase dunha morte por causas naturais.
Os servizos de emerxencias, que se personaron na vivenda do extraballador da Mancomunidade de Municipios Terras de Celanova, trataron, sen éxito, de loitar pola súa vida, pero soamente puideron certificar o seu falecemento minutos despois, no interior da ambulancia. O lugar se trasladou o helicóptero medicalizado, pero o persoal non chegou xa a intervir.
O cadáver foi traslado na tarde de onte ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) co obxectivo de practicarlle a autopsia para esclarecer as causas do falecemento.
A capela ardente foi instalada no Tanatorio de Celanova e o funeral está previsto para mañán, luns, ás 16.00 horas, na igrexa de Celanova.
José Manuel Pérez estaba casado e tiña un fillo. Na actualidade, traballaba na Deputación Provincial de Ourense, tras pasar unha longa etapa na comarca de Terra de Celanova desenvolvendo labores de promoción do medio rural para o asentamento da poboación. A súa morte causou unha grande conmoción entre os veciños de Celanova e no seu municipio natal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
ARTESANÍA E TRADICIÓN
Galería | Vilanova dos Infantes desfruta coa Raigame
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
Lo último
"EVIDENTES CONTRADICCIONES"
Deniegan la celebración de un matrimonio civil en O Barco ante la creencia de que es “simulado”
"LA GENTE SE LO PIDE"
Rueda urge elecciones generales y acusa a Sánchez de vivir "en una realidad paralela"