Os protagonistas da xeración Nós saen á conquista da terra dos poetas
A Praza Maior de Celanova acollerá ata o día 1 de maio a mostra organizada por La Región e capitaneada por Maribel Outeiriño
A vila de San Rosendo vestiuse onte de gala para asistir á inauguración da exposición "Nós naceu en Ourense hai 100 anos". Unha mostra itinerante organizada por La Región que rescata e pon de actualidade o corazón ourensán dun proxecto que, nos primeiros anos do século pasado, fixo de Ourense a capital cultural de Galicia.
"Agradezco o importante agasallo, que se nos presenta con esta exposición que, por outra banda, tiña que pasar por aquí se ou se", apuntaba o alcalde, Antonio Puga, pola relación directa que varios dos referentes da xeración Nós tiveron con Celanova, tanto polo que significou (e influíu) neles a figura de Manuel Curros Enríquez, como porque "a propia xeración Nós tivo como herdeiros ou continuadores a Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Luis Méndez Ferrín, que hoxe é o máis insigne herdeiro daquela xeración", dixo Puga. A comisaria Maribel Outeiriño coincidiu co alcalde de que a mostra "no podía faltar" en Celanova e encomiou o nivel cultural da vila de San Rosendo, pero tamén de Curros Enríquez, Celso Emilio ou Castor Elices.
A exposición, que ata o 1 de maio pódese ver na Praza Maior, está composta por nove cubos nun deseño atractivo e fácil de ler que permiten achegar o legado unha xeración que destacou, non só por poñer en branco sobre negro importantes e interesantes achegas no ámbito da arqueoloxía, etnografía, a paisaxe ou a fotografía, "sino porque elevó a categoría científica un idioma, el gallego, que hasta entonces era muy bonito solo para el ámbito de la literatura, la poesía", engadiu Outeiriño.
Sobre a revista, a comisaria da mostra recoñecía que "se pueden hacer múltiples exposiciones de Nós, porque el tema es amplísimo, pero en esta nos hemos centrado en que la revista nace en Ourense. Parte de un ourensano que es Antón Losada Dieguez, la redacción estaba en la casa de Vicente Risco en la calle Santo Domingo y, en sus primeros años, se imprime en La Región". Para o xornal, engadiu Outeiriño, "era una obligación para con todos ellos" dada a excelente relación, persoal e profesional, mantida con Risco, Otero Pedrayo e o propio Cuevillas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E TRADICIÓN
Galería | Vilanova dos Infantes desfruta coa Raigame
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
Lo último
CONGELACIÓN DE ACTIVOS
La Audiencia bloquea las cuentas de Zapatero por el caso Plus Ultra
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que el PP dice que no y Jácome dice que sí?