NOVAS XENERACIÓNS PP
Miguel Ángel Blanco, un “exemplo para os mozos”
PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO
A casa do concello de Entrimo acollerá o sábado día 1 ás 17,00 horas a presentación do libro de Reyes Rodríguez, “A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego”, un traballo sobre a situación sociolingüística da mocidade na comarca.
Como xurdiu o libro?
A raíz da tese, que defendín no 2022, da fala da Limia Baixa. Neste caso son materiais modificados e actualizados a 2023, sobre a situación sociolingüística da mocidade (a tese abarcou toda a poboación). Conseguimos chegar a case a ⅔ dos rapaces (grazas a colaboración do IES), para coñecer cal é a súa posición en canto ao galego e as demais linguas en contacto nesta comarca, as súas actitudes cara a o galego e cara as demais, que contacto teñen co portugués... ese tipo de cousas.
E que fala a mocidade?
Á vista dos últimos datos do IGE podemos dicir que A Limia Baixa é unha das excepcións. Aquí seguimos mantendo case 80% de rapaces galego falantes. A mocidade baixolimega segue sendo monolingüe en galego e coa intención de seguir. En plena adolescencia, falan en galego coas amizades e nas conversas de WhatsApp. Iso é un campo de cultivo moi bo para manter esta estabilidade.
A que se debe?
A parte das causas individuais persoais, é certo que hai unha serie de factores que favorecen este mantemento. Creemos que a nosa non proximidade -lonxe das cidades, da vila-, fai que teñamos moito contacto entre os concellos. Tamén cremos que é unha zona que ten unha pequena supervivencia, temos todo alí. E a convivencia con Portugal a través das feiras. Os estranxeiros que chegan á zona, en cuestión de pouco tempo, son galego falantes porque o ambiente é de galego no bar, no supermercado, na rúa, nas aldeas. Despois a escola é un factor moi galeguizante, case o 90% falan exclusivamente en galego, o están facendo ben. Oxalá que non existirá o despoboamento, sería o ambiente ideal para manter o galego.
Falas en plural…
Si, porque teño que falar dos meus directores de tese, Xosé Henrique Costas e Alexandre Rodríguez Guerra, que estiveron dende un principio comigo e foron partícipes en todo o momento.
Como vivirás este sábado?
O meu desexo era facer a presentación no meu concello. Espero ver moitas caras desas persoas ás que entrevistei e me seguiron nestes anos. Oxalá consiga devolver e agradecerlle a esa xente todo que me deron para describir o que pasa nesta zona e para que o valoren, lingüisticamente e no social. O están facendo ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NOVAS XENERACIÓNS PP
Miguel Ángel Blanco, un “exemplo para os mozos”
ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
Lo último