Suso Díaz Estévez: "Rosalía de Castro é inacabable e, para min, o vieiro que sempre está aberto"
ENTREVISTA
O poeta natural da Baixa Limia, Suso Díaz Estévez, visitará este mércores a Casa dos Poetas para a presentación de "Amada Rosalía"
A Casa dos Poetas recibirá hoxe, ás 20,00 horas, a visita do poeta de Ludeiros Suso Díaz para a presentación de “Amada Rosalía” publicado por Murabellos.
Por que un poemario adicado a Rosalía?
Rosalía é un referente constante na miña escrita, nos meus traballos, un vieiro que sempre está aberto para min. Un dos primeiros traballos coñecidos que fixen, foi a obra colectiva “150 Cantares galegos para Rosalía de Castro”, alá polo 2015. Daquelas, empecei a fraguar a idea de facer un traballo máis propio da obra de Rosalía, tratar de emulala e, partindo de versos seus, escribir poemas novos máis sonoros, máis musicados, para chegar a máis publico.
Que se atopará o lector?
Son 161 poemas meus, a partir de versos extraídos da obra de Rosalía o de autores xa falecidos que lle adicaron un poema. A edición mantén a grafía das primeiras edicións e está en cursiva, para que o lector poida identificar os versos orixinais dos meus.
“Lograr conxugar todas as linguas oficiais da península foi unha liberación”
“Murabellos é un espazo para a xente que non ten posibilidades de publicar nas grandes editoriais e que estea vencellada a nosa bisbarra”
Como foi o traballo?
Foi un reto. Primeiro porque Rosalía é inabarcable. Ai poemas adicados a Rosalía en infinidade de linguas, dende o inglés ata a India. E segundo porque propúxenme incluír poemas de outros autores en tódalas linguas oficiais da península e, nalgún caso como o eúscaro, foi realmente difícil atopalo. Teño que agradecer a axuda da Academia Vasca da Lingua, porque ao final incorporei a Gabriel Aresti. Lograr conxugar todas as linguas foi unha liberación.
Ademáis de poemario, estrea editorial, Murabellos.
Si, era un proxecto que tiña en mente. Levaba dous anos sen publicar, non había forma de que as editoriais publicasen algo meu e arrincamos. Quero que empece a andar, pero a idea é que sexa un espazo para a xente que non ten posibilidades de publicar nas grandes editoriais e que estea vencellada á nosa bisbarra, a Baixa Limia e Terra de Celanova.
E volve a Casa dos Poetas para a súa posta de largo?
Si. Celanova é poesía. Celanova é un referente no mundo da poesía galega e eu síntome parte deste “terruño”, nacín un pouco máis abaixo, pero sempre estiven moi vinculado e teño grandes amigos. Un deles, Xosé Benito Reza, estará na presentación. Será a primeira. O 3 de agosto estarei en Entrimo, o 7 en Bande e o 14 en Lobios. Acompañaranme os alcaldes, Manuel Lamela, Noelia Rodríguez e Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Perfil
Nome e apelidos
Suso Díaz Estévez
Lugar e data de nacemento
Ludeiros (Lobios),1971
Profesión
Funcionario da Junta de Extremadura.
Dato
Acaba de publicar, coa súa editorial, o poemario “Amada Rosalía”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
ARTESANÍA E TRADICIÓN
Galería | Vilanova dos Infantes desfruta coa Raigame
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 6 de junio?
LA MAYORIA EN LA PROPIA PROVINCIA
Casi 25.000 familias de la provincia de Ourense poseen una casa de vacaciones
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Comienza la temporada de fiestas ibicencas fuera de Ibiza