Tío de Miguel Ángel Blanco: “O pobo non o esquece, que non o fagan os políticos”
Onte lembrouse o asasinato de Miguel Ángel Blanco
Aurelio Garrido non pode evitar emocionarse ao lembrar ao seu sobriño e aquel fatídico xullo de 1997 cando ETA acabou coa vida de Miguel Ángel Blanco. El e a súa muller, Pacita Vaquero, custodian a sepultura á que foi trasladado hai unha década e onde xa descansan os seus pais, Miguel e Consuelo, que faleceron en 2020 con apenas 20 días de diferenza.
Como se atopan?
Ao chegar a estas datas, un síntese mal, fatal. A pesar de que pasaron 26 anos, pero isto non pasa... Acabou cos país, a familia estamos medio caos… pero o que nós desexamos é que non se esqueza. No pobo o seguen recordando e, direi unha cousa, a pesar de pasar tantos anos, vén moita xente de fóra: Alemaña, Inglaterra, Francia, Italia… e me din que foi un heroe, convencidos de que os políticos non foron quen de acabar con ETA, que foi el.
E vostedes que pensan?
Nós estamos convencidos de que foi así. E o que queremos é que os políticos non o esquezan. El pagouno coa súa morte, foi un dos principais fundamentos de que ETA se terminara. Por iso gustaríanos, e xa o pedín no Concello, que poñan uns letreiros para poder chegar ao monumento –a obra de Xosé Cid instalada nun monte próximo e que está pendente de inauguración-. Eu estiven hai unha semana e pico e está sen limpar, medio abandonado… non me gusta. Que fagan algo.
Como era Miguel Ángel?
Era un rapaz que non tiña maldade, tiña moitas amistades aquí. Viña sempre que podía: non perdía unhas vacacións pero, fora diso, se tiña dous días libres, aquí aparecía. Xuntábase cunha cuadrilla de rapaces da súa idade, iso era… todo o mundo o lamentou.
E aquí o trouxeron dende Ermua…
Si. Nós quixémolo traer antes e non nos deixaron. Varias veces apareceu a lápida pintada, trataron de movela… Ao pasar os dez anos, trouxémolo en secreto. Despois fixemos un comunicado para o pobo de Ermua, lles pediamos perdón, pero que o entendesen... tiñamos que sacalo dalí polo que pasaba… E aquí descansa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGURIDAD EN CADA OPERACIÓN
El CHUO introduce un túnel de lavado para esterilizar su material quirúrgico
PRIMERA FEDERACIÓN
Siguiente test para la UD Ourense, en O Couto
Juan José Feijóo
MIGRANTES EN CEUTA
¿Y el Rey para cuándo?
XLI Xornadas de Folclore
Puentes a través de la cultura del Folclore