PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
Os campos están segados, as casetas instaladas e os baixos do burgo medieval, dispostos para recibir neste 17 de maio a artesáns e visitantes, con motivo da romaría Raigame. Vilanova dos Infantes será hoxe o punto de encontro de veciños chegados desde diferentes puntos da xeografía galega para revivir as esencias das antigas romarías.
Desde as 11,00 horas poderanse gozar das actuacións de música e baile tradicional, as exposicións e demais espectáculos dispostos pola organización, conformada polo Concello de Celanova e a Deputación a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. A programación, que se sucederá ata as sete da tarde incluirá máis de 23 agrupacións de música e baile chegadas de toda Galicia e Portugal, do mesmo xeito que os 120 artesáns que ofrecerán os máis variados artigos e produtos gastronómicos, nunha edición moi doce, que renderá homenaxe aos doces e a repostería tradicional.
Varias serán as novidades desta edición, como a sesión vermú que amenizará a Banda de Música de Vilanova ás 13,00 horas nos Campos da Igrexa, a actuación dos Bolechas ás 16,30 e 17,30 horas na praza do Castelo ou as visitas guiadas con “ViaxaMos no Tempo” ao redor dos oficios dos canteiros. A entrega do premio Adolfo Enríquez ás irmáns Isoliñas será ás 13,30 horas, seguido dos danzantes de Vilanova.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
NOCHE DE MISTERIO Y TERROR
Atrévete al “Claustro das ánimas” en Celanova
Lo último