DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
FEIRA VITIVINÍCOLA
A Denominación de Orixe (DO) Monterrei estará presente por sexto ano consecutivo na feira vitivinícola ProWein, que terá lugar entre os días 16 e 18 deste mes na cidade alemá de Düsseldorf.
Nesta edición participarán un total de 35 viños (20 brancos e 15 tintos) pertencentes a 18 adegas inscritas na denominación.
ProWein rexistrou o ano pasado máis de 47.000 visitantes profesionais rexistrados de 135 países e 5.400 expositores. A DO participará neste evento da man da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), e xunto co resto de denominacións vitivinícolas galegas.
Co formato de Túnel do Viño presentaranse os tintos e brancos participantes, o territorio vitivinícola de Monterrei, as súas características edafoclimáticas ou a tipoloxía de uvas ou viños, entre outras cuestións.
Para o presidente do Consello Regulador da DO, Manuel Vázquez Losada, ProWein é “una cita clave en el calendario ferial de la denominación, ya que congrega al sector de la distribución, importación-exportación, Horeca o retail”.
Destaca que “nuestra participación no solo refuerza la imagen de marca, sino también nuestro compromiso con Alemania, uno de los principales mercados internacionales para Monterrei”
As adegas asistentes a ProWein serán: Trasdovento, Minius, Pazo das Tapias, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar, Vía Arxéntea, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
Lo último