Aberto o prazo para presentar proxectos no GDR Monteval: consulta as datas e cuantías
O Grupo de Desenvolvemento Rural Monteval contará con 546.262,19 euros para executar proxectos Leader
Coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) este luns da convocatoria de subvencións para aexecución de proxectos do Leaderdo Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, ábrese o prazo para a recepción de proxectos.
Dende o Grupo de Desenvolvemento Rural Monteval informan de que, dende mañá martes e ata o 3 de xuño, os interesados poderán realizar a solicitude para poñer en marcha os seus proxectos, ben sexan de carácter produtivo ou non.
"Poden presentarse calquera tipo de empresario, autónomo, pequenas e medianas empresas, comunidades de montes, concellos, asociacións... normalmente temos sobre 40 proxectos, a ver este ano", explican dende o GDR Monteval, que conta con 546.262,19 euros a repartir entre os proxectos que se presenten durante este mes.
Respecto ao reparto do diñeiro, o grupo segue un criterio establecido: o 65% para os produtivos, o 16,25 para os Concellos, outro para comunidades de montes e asociacións, e un 2'5 para formación. Ademais, os proxectos que teñan a subvención van por baremo, tendo en conta as características do proxecto, o impacto no territorio, no emprego, etc.
Así, calquera perfil que encaixe nestas características poderá optar ás subvencións do Leader, para crear e manter emprego no medio rural e dotar de servizos á poboación destas zonas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima