Abre o prazo para inscribirse na escola de verán verinense
monterrei
A actividade desenvolverase entre o 1 de xullo e o 30 de agosto
O Concello de Verín vén de abrir o prazo para inscribirse no programa deportivo Escola de Verán 2019. Trátase dunha iniciativa lúdico-deportiva que se desenvolverá entre o luns, 1 de xullo, e o venres, 30 de agosto; e está deseñada para un máximo de 200 menores nados entre os anos 2005 e 2015.
As actividades incluidas no programa celebraranse polas mañás, entre as 09,30 horas e as 13,30 horas, e repartiranse por franxas de idades -de 4 a 14 anos e de 7 a 14 anos-. Será posible participar tres ou cinco días á semana nas actividades propostas, que se desenvolverán entre o Pavillón Municipal de Deportes e as piscinas de A Granxa. Tamén haberá un grupo de fútbol e de fútbol sala.
Entre outras actividades, os cativos disfrutarán de xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e de tempo libre e tamén acuáticas.
O primeiro día da Escola de Verán haberá unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes, que terá lugar no Pavillón de Deportes ás 09,30 horas. Ao rematar a charla, os menores irán ás piscinas descubertas. As inscricións terán que realizarse nas instalacións do propio pavillón de deportes en horario de 09,00 horas a 14,00 horas. Haberá que entregar a folla da solicitude, unha copia do DNI e o xustificante do pagamento das taxas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria
Benito Iglesias
¡El brutal coste de la incompetencia!