O actor e cómico Touriñán estará no Festival de Curtas de Verín
CINE
O Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC) “Vía XIV” vén de confirmar o seu primeiro gran nome para a edición deste ano, o actor e humorista galego Xosé Antonio Touriñán, e que aterra no FIC nunha faceta dobre.
Así, o polifacético cómico de Culleredo debutará como director no FIC, xa que presentará nel a súa primeira curtametraxe documental. Titulada “Nena”, cun guión a cargo tamén de Touriñán, o seu filme sitúanos na pel dunha nena de 12 anos que, trala morte da súa nai, carga co peso familiar.
Pero ademais desta proxección, o público asistente poderá tamén desfrutar, o vindeiro sábado, 31 de agosto, ás 22,15 horas, do seu monólogo “Aquí Tou!”, cuxas entradas xa están á venda.
Xosé Touriñán volve subir ao escenario do Auditorio Municipal de Verín cunha proposta humorística que percorre os fitos máis importantes da súa vida. E ao tempo que se analiza el, retrátanos a todos.
Unha vez confirmada esta presenza, a organización do FIC “Vía XIV” amosou o seu “entusiasmo” pola participación do artista coruñés no festival, o que “sitúa a Verín como vila de interior referente nas artes audiovisuais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Exposición "Ecosistema dunha rodaxe"