ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
A Mel Aialma acada varios premios, entre eles o de mellor mel de Galicia. O proxecto Mel Aialma consigue a categoría de ouro para un dos seus meles, o denominado Mel de Bosque. O premio foi concedido pola Asociación Galega de Apicultura, que seleccionou o mel de Laza entre outros 16 meles da mesma categoría.
A Asociación Galega de Apicultura, no seu concurso Meles Cinco Estrelas, xa tiña galardoado a mel Aialma noutras ocasións, concedéndolle o terceiro premio tanto para o mel multifloral como para o mel de castiñeiro. Desta vez foi o primeiro premio, outorgando o primeiro posto na categoría de Mel de Bosque.
O galardón foi entregado pola AGA en Santiago de Compostela. Tamén no concurso Calidad Apícola que recibiu meles de toda España, distinguiuse o mel de Castiñeiro Aialma coa medalla de ouro, e o mel Multifloral con medalla de prata. Unha serie de distincións que recoñecen a calidade destes meles producidos no rural Ourensán.
O proxecto Mel Aialma é unha iniciativa familiar dunha parella que hai uns anos decidiron volver ao rural, e asentarse na aldea de Souteliño, en Laza. Alí comezaron a traballar neste proxecto apícola, que recolle o esforzo e o agarimo de coidar as colmeas nun entorno natural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta