MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
ECOAGRO
O movemento asociativo de Lucenza, en Cualedro, amosa os seus froitos. A agrupación de veciños -conformada na década dos 80 e que conta con máis de 100 asociados- en colaboración cos comuneiros, vén poñendo en marcha diversas iniciativas a prol da dinamización do rural e da preservación dos montes. Actualmente, conta con máis de medio cento de cabezas de gando -53 cachenas e nove cabalos de pura raza galega- que mantén limpo o monte das Chairas, circunstancia que merma o risco de sufrir incendios forestais nun punto especialmente complicado. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural acaba de premiar con 10.000 euros este labor.
Como recibiron na asociación este recoñecemento de Agader?
É un reforzo para o que estamos facendo. Con el poderemos seguir adiante co proxecto e gañar confianza.
Que ten mudado en Lucenza dende os incendios do 2015?
Coido que cambiaron bastantes cousas. Fíxose unha labor de sensibilización moi importante. O Concello de Cualedro é un dos máis afectados de toda España pola lacra incendiaria. En Lucenza non é que haxa moitos lumes, pero os que hai son intensos e problemáticos. O proxecto que nos ocupa o iniciamos pensando en facer algo máis grande e poñer en valor o monte comunal que temos.
Pensa que calaron as actividades de sensibilización, ou queda moito por facer?
Creo que si. Ao final o dos incendios en certa parte víase como inevitable e verdadeiramente hai un aspecto que non podemos evitar que é que na nosa comarca haxa persoas que os sigan provocando.Pero hai outra parte da que si nos podemos ocupar e é sensibilizar á xente e facerlle ver que aínda hai futuro no rural. Os montes poden ter unha segunda vida.
De onde sacan a motivación para movilizar un entorno tan afectado polo despoboamento?
Na nosa aldea hai unha tradición comuneira bastante grande. En toda a comarca a había, pero en Lucenza sempre se coidaron moito os montes comunais. Nós xa dende pequenos nos echoupamos dese mencionado espírito comunal. En Lucenza sempre que se fan cousas hai xente voluntaria para axudar.
Son efectivos os bombeiros de catro patas?
Si que o son, pero tamén os hai que axudar. Na zona de prado non hai problema, pero na montaña fai falta, de cando en vez, un desbroce mecánico.
Teñen en mente outros proxectos de dinamización e fixación de poboación?
No que atinxeo ao monte fixemos xa algunha plantación de castiñeiros de xeito experimental nos nosos comunais e pensamos ampliala. Do mesmo xeito, queremos facer unha franxa de protección ao redor da aldea, porque é un dos graves problemas de Cualedro e da nosa comarca: os lumes chegan ás portas das casas. Para fixar poboación temos un proxecto para o que estamos na procura de máis apoios. Ten que ver coa recuperación da casa parroquial de Lucenza e xa contamos co respaldo do alcalde. Queremos presentarlle un plan ao Obispado para converter esa casa na porta de entrada á Serra do Larouco, con información turística e tamén alugueiro de bicicletas.
É importante a unión veciñal para que as administracións respondan políticamente na prevención dos lumes?
Dende as administracións sempre se pode facer máis, pero a xente ten que levar un pouco a iniciativa. Nós a levamos e temos que dicir que recibimos apoio da Consellería do Medio Rural. Non podemos baixar as mans e botar a culpa aos demais, hai que tomar acción e promover cousas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último