Alberte Blanco, político e escritor: "Os galegos sabemos máis de supervivencia que noutros países"
ENTREVISTA
Alberte Blanco Casal presenta este xoves, ás 19,30 horas no Salón de Actos de Verín, a súa terceira novela, “A soidade do inquisidor”, situada no Monterrei do século XVI
Enxeñeiro técnico industrial de formación e profesor de tecnoloxía de profesión, Alberte Blanco é ademais escritor e político por vocación. Concelleiro nacionalista en Verín entre 1991 e 2005, foi tamén membro do Consello Nacional do BNG e Director Xeral de Montes na Consellería de Medio Rural durante o bipartito.
Leva toda a vida escribindo, pero chegou á novela tarde.
Cando te dedicas á política de forma intensa, non hai tempo para relaxarse e facer narrativa literaria. Ao remate da miña estadía no Goberno da Xunta no 2009, comecei a escribir de forma sistemática.
Como foi o proceso de investigación histórica?
Aínda que son das Rías Baixas, cheguei a Verín hai case 40 anos, e sempre me chamou a atención a riqueza cultural da comarca e o seu pasado glorioso. E penso que, de tódalas épocas, o último terzo do XVI é o máis interesante. Coincide co reinado de Filipe II, no que o Conde de Monterrei, Gaspar de Zúñiga, chegou a ser vicerrei de Nova España, e tamén coa anexión de Portugal. E non debemos esquecer a efervescencia cultural do colexio dos Xesuitas, situado daquela no actual Parador.
Iso xerará riqueza dende o punto de vista social e económico, e evitará males maiores co lume
Novela negra coa relixión de fondo. Algún referente?
Son lector empedernido dende a infancia, e as influencias acumúlanse, sobre todo dos novelistas románticos ingleses e franceses, e de relatos como Poe ou Lovecraft. Eu quixen orquestrar unha ficción con base nunha serie de episodios históricos. Hai festas pagás, con personaxes do protoentroido, guerras fronteirizas, as actividades da inquisición e a inimizade entre os Dominicos e os Xesuitas.
Falando da Raia, como se ve dende Verín a fronteira?
Pois que é unha fronteira artificial. A nosa relación con Portugal vén do século XII ou antes. E a independencia definitiva de Portugal deixou moitos vestixios e memorias, pero tamén prexuízos. Todo iso mellorou enormemente, aínda que agora cada un teñamos a nosa propia cultura por ser países diferentes.
Non se dan de conta de que vivimos nun planeta no que nos debemos entender con xente que pensa diferente
Foi Director Xeral de Montes. Como ve a ordenación do medio?
As políticas deben adaptarse ao contexto de cada país, e o noso é moi peculiar, moi característico. A estrutura territorial está conformada por ducias de miles de núcleos dispersos por toda a xeografía, adaptados á subsistencia dende o XVIII. Pero agora esa situación agora está a cambiar. O problema da dispersión é que coincide cunha época de abandono da actividade agraria. E os incendios forestais son un risco para os núcleos de poboación. Eu avogo pola reagrarización do país, coa agricultura, a industria agropecuaria e da alimentación. Cómpre que dende a Consellería se traballen as terras abandonadas. Iso xerará riqueza dende o punto de vista social e económico, e evitará males maiores co lume. O interese agora está nos que veñen de fóra, e eses non miran polo territorio nin polo país. Colocan grandes aeroxeradores que non xeran nada no entorno. Hai grandes contradicións no desenvolvemento, e o modelo neocolonial estase evidenciando coma un fracaso, porque non ten en conta o territorio nin a identidade da xente que vive nel.
Ten futuro a Galiza nesta Europa de futuro incerto?
O noso país sobreviviu a moitas batallas, fomos quen de que a nosa cultura sobrevivise. Penso que os galegos sabemos máis da supervivencia que moita xente do planeta. E Europa está nunha encrucillada, con políticos que a levaron a unha crise económica, enerxética e militar. Non se dan de conta de que vivimos nun planeta no que nos debemos entender con xente que pensa diferente. Somos unha colonia dos Estados Unidos, aos que mercamos un gas carísimo. Alemaña, a antiga locomotora europea, está en recesión económica. Occidente é vítima da súa soberbia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
Lo último
"OPCIONES MUY SÓLIDAS"
Trump dice que el Ejército de EEUU está "analizando muy seriamente" intervenir en Irán