INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
ENTREVISTA
A Banda de Gaitas Nova Era sacará mañá o single do seu novo traballo, "Outros Compases: Cara A", o seu primeiro EP -disco de reprodución extendida-, que verá a luz a principios de febreiro. Daniel García e Álvaro Rúa, directores da Banda falan do seu novo proxecto e o que supón este en época de pandemia.
Por que decide a Banda de Gaitas Nova Era sacar un EP?
Daniel: Decidimos crear o EP, con tres cancións, en vistas do que está acontecendo coa pandemia. Quixemos substituir a falta dos concertos enriba dun escenario con un pouco de música para a xente que nos segue. Tentamos demostrar que aínda que estamos en tempos complicados é posible seguir traballando e sacar proxectos á luz.
Que supón para o grupo sacar este EP?
Daniel: É unha motivación. Temos este problema que non depende de nós, pero si que depende seguir traballando, e iso é o que fixemos.
Cantas persoas participan na elaboración do disco?
Álvaro: É unha versión reducida de todo o que se pode reducir. Polas condicións moi pouca xente traballou no desenvolvemento do proxecto, agás no primeiro tema, porque o gravamos prepandemia e temos unha participación habitual.
Promocionaron o novo EP cun vídeo en redes. Que é o que tentan transmitir con este formato?
Álvaro: O 26 de decembro era a data na que tiñamos programado o concerto de Nadal e a celebración dos cinco anos da formación Nova Era, ante a imposibilidade de realizalo decidimos crear un vídeo que transmitira algo similar á sensación que podemos sentir cando subimos ao escenario e do outro lado do telón non hai ninguén. Este vídeo amosa esa sensación e a esperanza, tentamos substituír o traballo deste ano. Queremos transmitir que aínda que non poidamos facer os nosos concertos habituais, cambiamos o plan de ruta e sacamos algo novo, hai que reinventarse e buscar oportunidades ata nos peores momentos.
Ademais deste novo EP, en decembro fixo un ano do primeiro traballo discográfico de Nova Era, “Rumbo NE". Que supuxo isto para a Banda?
Daniel: Foi o primeiro traballo e un cambio grande para nós. Un reto que nos xerou moita ilusión. A pena foi que queriamos darlle máis difusión ao longo do 2020 e pola pandemia non puidemos, aínda así, aí está o traballo deixando constancia da nosa música.
Que supón crear música para Nova Era?
Álvaro e Daniel: É unha maneira de expresarse, desfrutámolo moito.
E nun futuro, cal será o camiño que seguirá a Banda de Gaitas?
Álvaro: O camiño de Nova Era sempre é incerto, pero sempre vai haber camiño. Vamos estar determinados co avance da pandemia, pero xa demostramos con este traballo que aínda que exista o problema do coronavirus, non nos vai frear e buscaremos outras alternativas. Non sabemos que será o próximo, pero seguramente completar esa Cara B do EP, quen sabe se con música, un documental, unha película...
A pesar de todo, é preciso buscar a motivación, como motivarían vostedes ao seu público?
Daniel: Que a música lles axude a pasar estes malos momentos, e que mellor maneira que escoitando a Nova Era.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último