Ana Villarino: “Quero financiar cotas daqueles autónomos que se establezan aquí"

Entrevista, nuevos retos en los concellos

A alcadesa de Oímbra leva dende cría sabendo o qué é a política municipal -"esa de ir ós pobos, estar coa xente, preguntarlles que é o qué lle fai falla"- da man de seu pai

Ana Pardo, no seu despacho do consistorio de Oímbra.
Ana Pardo, no seu despacho do consistorio de Oímbra.

Ás veces, ún dáse conta de que está diante dunha política de raza, e de berce, ós cinco minutos de conversa. E o caso de Ana Villarino é un deles. Fala sen respiro, pero con absoluto sentido e dominio daquelo ó que se está a referir. Quere telo todo baixo control e examina dende a foto que se vai a publicar ata a información que do seu concello se publica, co gallo de precisar que ela, "sempre, sempre" se expresa en galego.

Leva dende cría sabendo o qué é a política municipal -"esa de ir ós pobos, estar coa xente, preguntarlles que é o qué lle fai falla"- da man de seu pai, Alfonso Villarino, que durante 39 anos presidiu a corporación na que ela arestora suma os seus primeiros meses á fronte do Concello.

Foi segunda teniente de alcalde nos dous pasados mandatos e no que acaba de comezar, alcaldesa refrendada coa maioría absoluta dos sufraxios dos seus veciños: "Ben puiden optar á alcaldía sendo xa antes alcaldesa, meu pai poido renunciar... pero eu no quixen que fose así. Eu quería ser candidata e saber se podía contar co respaldo dos meus paisanos". Recadiño a todos aqueles que din que a súa alcaldía foi herdada.

Tiña pensado escomenzar por esa mesma cuestión, para xa vostede moi deixou moi claro. Por que está mal visto que unha filla sexa a alcaldesa dun concello no que o seu pai estivo tantos anos como rexidor?

Levo sendo filla "de" dende os seis anos, ou sexa, que fíxate. Pero eu sempre o levei con moitísimo orgullo, meu pai sempre loitou polo seu Concello e a min dende pequeniña foi o que me involucrou. A política municipal que eu entendo é a do trato cos veciños, a de poder solventar un problema, a de mellorar os nosos pobos... e a de pedir, pedir e pedir. Na Administración hai que ser constante, non é só levar un proxecto e esquecerse. Para min ser filla "de" -Alfonso Villarino- foi a miña forma de ver a política local, de que verdadeiramente me entusiasmara este xeito de facer política. ¿Un médico? O normal é que o fillo sexa médico... ¿un camioneiro?, cáseque igoal... Eu vivino de pequena e non entendo por qué sorprende. Eu, hoxe, é o meu traballo. Eu son a alcaldesa de Oímbra, cobro do meu traballo.

Por moito que coñecese a vida municipal, seguro que algunha sorpresa se levou nestes primeiros cen días.

Sen dúbida, a cantidade de traballo que hai. É incrible, porque levaba dúas lexislaturas sendo teniente de alcalde, a segunda; pero non é o mesmo que estar todo o día. É incrible que nun concello coma o noso, o traballo que hai con 2.020 habitantes que somos. A parte das xestións que hai que facer, hai que atender ós veciños, que se un punto de lus, un banco, un bache... pero tamén che veñen cunha carta que non entenden , un problema con un fillo que non sabe por ónde orientalo. Nós, non son competencias nosas, pero que ti lle digas unha palabra... E eles queren sempre falar co alcalde, pero tamén é certo que para eso nos votaron, para que un pouco sexamos a súa voz.

Neste periodo supoño que xa algunha xestión importante pode apuntarse a alcaldesa.

Había moitos proxectos que estaban en marcha e seguen o curso. É verdade que se conseguiron cousas novas, como por exemplo a ampliación da casa do concello, foi a primeira xestión pública que fixen. Esta casa é moi moi pequena e entendía que esa reforma había que acometela con urxencia.

Empeza a reformar a casa e acabará por darlle un verdadeiro empurrón a este municipio

Eu quero que este concello teña todos os servizos, que se presten os mellores servizos e de maior calidade. Pero, a miña principal aposta será o emprego. Nestes intres Oímbra ten por sorte todos os servizos que se poden ter, os pobos cumpren cos parámetros medios para vivir con calidade. Temos servizos para a comunidade como a escola infantil, o centro de educación infantil, e para os maiores temos o centro de día. É dicir, somos arestora o único concello da comarca que ten todos esos servizos públicos Hai unha pata que nos falta, que é o emprego. Temos viño, temos horta, temos dous productos con denominación de calidade. Eso témolo que aproveitar para facer transformación, nas bodegas deuse o paso, pero na horta, non. E nesa liña temos que apostar.

Ten un plan para acadar eses obxectivos?

Eu quero que en Oímbra se instalen empresas. Estamos moi ben situados e comunicados. Estou neste intre en contacto coa Deputación para facer o proxecto do polígono industrial, témolo que urbanizar pero non sabemos o qué nos vai a custar. Xa chegou a haber empresas queréndose instalar. Tamén estamos a voltas co planeamento do municipio para que, ademáis de crear emprego, a xente se poida establecer aquí, coa súa casa, a súa hipoteca. O PXOM será outro dos proxectos nos que poremos moito empeño en sacalo canto antes para adiante.

Algunha idea máis nesta liña?

Si, eu son das que creo moito no autoemprego e estou barallando a posibilidade de que este concello financie a fondo perdido algunhas cotas dos autónomos nos seus primeiros meses. Incluso, xa de cara ó 2016. Non hai porque crear empresas de dez traballadores. Se un traballador sabe facer algo, pois con un chisco de axuda poida que se anime ó autoemprego.

É alta a débeda do concello?

Este concello leva dous anos tendo superávit.

Moito se está a falar das súas posibilidades lonxe ou perto de Oímbra.

Se a pregunta é se me vou a presentar a reelección, direille que o meu obxectivo é ser a alcadesa de Oímbra. A día de hoxe, si teño pensado presentarme ás vindeiras municipais.

Contenido patrocinado

stats