Arrancan os "Venres Son de Contos" na Biblioteca de Verín
Volven os “Venres Son de Conto” á Biblioteca de Verín, unha actividade organizada polos seus responsables e o equipo de voluntarios da entidade. Durante o mes de agosto, a Biblioteca presenta unha serie de contacontos e outras actividades lúdicas ao aire libre dirixidas aos máis pequenos.
A cita deu o pistoletazo de saída este venres, con Luis Vallecillo, un compositor e titiriteiro que compartiu unha mensaxe de igualdade e respecto. O espectáculo “A igualdade non ten idade” está baseado na música e en aprender de xeito divertido, da man das súas personaxes Mama Mera e Papabuis.
O vindeiro día 12 visitará Verín, na rúa Irmáns La Salle, Raquel Queizás, contacontos e actriz. “O Eco das Pedras”, segundo a narradora, é unha función que pretende “descifrar” as mensaxes secretas que conteñen as rochas. O 19 de agosto será a quenda de Paco Nogueiras e o seu show “Brinca Vai, de aquí e acolá”. A Biblioteca pechará este ciclo de contacontos ó aire libre con Bemol Pequeño e o seu espectáculo “Música Miúda en Concerto” o día 26.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Exposición "Ecosistema dunha rodaxe"