A Banda de Gaitas Nova Era presenta o seu novo espectáculo en Verín
"Voces dunha nova era" levará ao público por unha viaxe interxeracional a través de cancións de pop, rock e tradicional
O Auditorio Municipal de Verín acollerá este sábado, 16 de abril, ás 18:30 horas, o novo espectáculo da Banda de Gaitas Nova Era, unha agrupación creada a finais do 2014 por un conxunto de músicos do val de Monterrei. Será un concerto no que a agrupación local percorrerá unha selección de cancións populares convertindo ao público nun coro improvisado. Música de corte pop, rock e tradicional para todas as xeracións.
O repertorio escollido para a volta aos escenarios "explora horizontes que nos levan a unha nova dimensión musical", explican desde a agrupación. Poderanse escoitar algúns temas xa coñecidos polos seguidores da banda, pero tamén novas composicións nas que, coa gaita como instrumento principal, estes músicos versionarán figuras da música como Nino Bravo, Los Tamara ou Mago de Oz.
Este novo espectáculo, "Voces dunha nova era", recupera nesta Semana Santa o xa tradicional concerto de Nadal de Nova Era. O pasado mes de xaneiro a agrupación tivo que atrasar a celebración desta actuación polas condicións sanitarias que afectaban á comarca.
A reserva de entradas -cun prezo de 3 euros- para este concerto, que está a piques de colgar o cartel de completo, realízase mediante mensaxe privada a través do propio facebook da Banda de Gaitas Nova Era (@asocmtm).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
INVESTIGACIÓN POR FEMINICIDIO
Detenido en México "El Trompas", presunto responsable del asesinato de Claudia Tacoronte
ROCK ARGENTINO
Concierto Pacífica en Café & Pop Torgal