MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Continuando coa programación da XV edición do festival Latexos do Rural en Riós, este sábado celebrouse no municipio a Ruta do Talento, que discorre entre castiñeiros centenarios, e que foi presentada por Silvia Jato.
Esta ruta ten como obxectivo empoderar ao sector da castaña a través de castaños centenarios por medio de persoas recoñecidas, que ademais de contar cun camiño profesional de interese, xeran riqueza social.
Foi no acto, organizado por Rubén Riós coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello de Riós e no que estiveron presentes diversas autoridades, no que se homenaxeou a Benedicta Sánchez, Irene Villa e os profesionais do Hospital de Verín.
Os organizadores do festival quixeron neste aniversario homenaxear a Benedicta Sánchez por levar á Galicia rural todo o máis alto e demostrar que non hai idade para cumprir os soños. Tamén a Irene Villa pola difusión, a través da súa fundación, de valores humanos que sustentan a esperanza dun mundo mellor. E os sanitarios e traballadores do hospital comarcal polo seu labor en primeira liña durante a pandemia.
Posteriormente, os asistentes gozaron da música da banda de Gaitas e Pandereteiras de Riós e das artistas Iria Estévez e Paulinha de Arzoá, mentres que, xa entrada a tarde, a charanga Ardores amenizou a xornada na praza de Riós, poñendo o broche final o actor Bruxo Queiman mediante a realización dunha queimada cargada de espectáculo e maxia.
Este festival de artes escénicas de Riós conseguiu ao longo destes 15 anos levar ata Riós a artistas e activistas culturais e sociais, posicionando a esta aldea do sueste ourensán nun epicentro cultural e social.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago