ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
O escritor Domingo Villar, recentemente falecido, foi o primeiro participante das I xornadas de Novela Negra de Verín no ano 2014 e colaborou activamente ao longo destes anos coa Biblioteca de Verín neste evento literario. Por iso, a Biblioteca de Verín decidiu render unha homenaxe a súa persoa na inauguración da cuarta edición das xornadas de Novela Negra, que se celebrará os días 3 e 4 de xuño. Este acto correrá a cargo de Lorena Carnero e Daniel Carnero, voluntarios da Biblioteca Municipal.
Segundo explicaron dende a organización das xornadas, “Vilar estará sempre presente no escenario de todas as conferencias cunha gran imaxe, cedida para o evento pola xornalista e fotógrafa Victoria R. Ramos”. Así, o equipo que conforma a entidade verinesa quere transmitir todo o cariño, respecto e admiración á memoria de Domingo Villar e as condolencias á familia do escritor vigués, amigos e escritores que nestas semanas choran a perda de Villar.
As xornadas de Novela Negra, baixo o título “Personaxes de Novela”, celebraranse no Auditorio de Verín e contarán coa participación de escritores de primeiro nivelcomo Arantza Portabales, Xaquín Leiceaga e Alejandro Corral, ademais de expertos na materia como o xuíz Vázquez Taín, o comandante Víctor Souto ou o excomisario Enrique León, entre outras moitas personalidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una colisión entre un coche y una moto en A Valenzá deja un herido