CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
CONCELLO DE MONTERREI
O escrito presentado ante o Concello sinala que a devandita rúa “leva case un ano levantado por mor dunha avaría que tivo lugar o ano pasado”.
O estado da vía provoca “situacións incómodas para os veciños, algúns dos cales teñen unha fochanca fronte á súa casa e entran dentro dela cos pés cheos de terra cada día”.
Segundo o propio Rodríguez, o veciño que vive nese treito da vía é “unha persoa avellentada, con problemas de mobilidade, e xa ten tropezado aí máis dunha vez”. Para o nacionalista, a situación “non é de recibo, que esa persoa leve un ano con iso diante da porta”.
Ademais, o voceiro engade que “hai suficientes obreiros e profesionais no concello para contratar e arranxar iso”.
Consultado por La Región, o alcalde do Concello de Monterrei, o popular José Luis Suárez, afirma que “a única realidade é que non tiñamos persoal para facer este e outros arranxos. Pero dende hai uns 20 días xa fixemos a selección de traballadores, e estas obras están xa na súa orde de traballo e levaranse a cabo cando toque”.
“O que máis quixera eu é non ter ningunha fochanca nin rotura, pero as circunstancias son as que son, non hai máis”, conclúe Suárez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
REFORESTACIÓN EN MONTERREI
Galería | Numerosos niños reforestan A Caridade tras los incendios del pasado agosto
VINO DE LA D.O.
Maridaje de enoturismo y patrimonio en la comarca de Monterrei
Lo último