Os Bolechas aterran coa súa nave espacial en Monterrei
Ocio
O GDR Monteval, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a cita infantil
O teatro de Os Bolechas aterra no parador de Verín (Monterrei) o próximo 30 de outubro, ás 17,00 horas. Unha cita moi especial para os cativos onde poderán coñecer O Camiño Marciano que fan estas personaxes.
Para poder asistir á cita, organizda polo GDR Monteval, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), é necesario inscribirse. A través do teléfono 988590233 ou no correo electrónico asociacionmonteval@gmail.com, os interesados poderán reservar asento de maneira totalmente gratuíta.
Trátase dun espectáculo teatral participativo para os nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias, onde o xogo e a diversión se combinan coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro