O cartel do Entroido de Laza 2025 fusiona tradición e modernidade
PROPOSTA GAÑADORA
A comisión do Entroido de Laza vén de anunciar o cartel gañador que representará a celebración da edición deste ano. Escollida de entre un total de 15 propostas
O cartel gañador do Entroido de Laza 2025 foi escollido mediante un sistema que combinou o voto popular cos votos dos membros da comisión. A proposta elixida é obra de David Álvarez González, ilustrador natural de Viana.
O cartel, que leva por nome “Entroido, irmandade”, combina o debuxo a man co deseño por ordenador e amosa a tres dos principais protagonistas do entroido lazao: o peliqueiro, as formigas e A Morena.
O obxectivo do vianés Álvarez Rodríguez foi o de distanciarse doutros carteis anteriores, “que empregaban moito a fotografía”, para o cal pensou en “representar a tradición de bares de Laza como algo clásico e moi seu, para o que empreguei cores tipo madeira que reforzan a idea de pobo”.
Preguntado sobre o lema da súa ilustración, na súa opinión unha irmandade é “unha maneira conxunta de pensar, de ver e de crer dun grupo de xente”.
En canto a técnica, o deseño partiu dun “boceto a lapis, algo máis natural”, para despois pasalo a cor e darlle textura co uso dunha “tableta gráfica”. O cartel ademais ten un guiño “ao Guernica de Picasso”.
A programación avanza
Tras revelar o cartel do Entroido 2025, a comisión ten pendente unha reunión de traballo co Concello para colaborar como tódolos anos nos preparativos desta celebración. En canto á programación, fontes da comisión apuntan a que xa está “medio atada”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria