Comezan os talleres de arquitectura para cativos, en Verín
ACTIVIDADE
Divididos en grupos de idades, os xoves participarán en obradoiros en espazos interiores e actividades nas rúas e prazas da vila
Verín acollerá, entre os días 10 e 14 de xullo e o 28 de agosto e 1 de setembro, o proxecto "A cidade do mañá", promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia. Este proxecto, creado pola arquitecta Sandra González e Postarquitectos, é un programa gratuíto de talleres que desenvolven en varias vilas e cidades galegas e noutros puntos da xeografía española e as experiencias extraídas de cada un deles plasmaranse posteriormente nun libro.
Divididos en grupos de idades, os xoves participarán en obradoiros en espazos interiores e actividades nas rúas e prazas da vila, nas que os titores tentarán transmitirlles a idea de aprezar o que é seu, isto é, a vila. A biblioteca municipal foi o escenario escollido para as sesións teóricas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
REFORESTACIÓN EN MONTERREI
Galería | Numerosos niños reforestan A Caridade tras los incendios del pasado agosto
Lo último
Xornal Escolar
Galería | Unha xornada musical en Celanova
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 6 de mayo?