As comunidades de montes contribúen a obras en Laza
O Concello de Laza arranxa rúas en Retorta grazas á súa achega e á da Deputación
O Concello de Laza vén de anunciar o inicio dunha serie de obras de arranxo en diversos viais da aldea de Retorta, o núcleo principal da parroquia de Santa María de Retorta. Dende o Concello lazao sinalan que estas obras de mellora estanse a realizar en boa medida grazas ao apoio económico da Comunidade de Montes Veciñaisen man común de Matamá, Retorta e Arcucelos, que aportou 80.000 euros para o desenvolvemente destes traballos de renovación.
Ademais da achega realizada polas devanditas comunidades de montes comunais, a Deputación de Ourense contribúe igualmente cunha subvención por valor de 80.000 euros. Os labores que se están a desenvolver estes días consisten na reforma do firme, en formigón raiado con marco de adoquín, de varias das rúas do núcleo de Retorta.
Alén disto, tamén se procederá á instalación dunha nova rede de abastecemento de auga, así como das caixas dos contadores dese mesmo servizo. O Concello de Laza sinala que deste xeito haberá unha instalación “moderna e nova”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
REPUNTE EN CASOS POSITVOS
El covid vuelve a dispararse en España antes de que llegue la temporada de virus respiratorios