ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
VERÍN
O Concello de Verín vén de concluír o proxecto de humanización da contorna do centro social do núcleo de Vilamaior.
Entre as distintas intervencións que se levaron a cabo mellorouse a cuberta do edificio, instalouse cantería, creáronse novas cimentacións, e integrouse unha estrutura cuberta acorde coa paisaxe local.
Estas actuacións arredor do centro social, nomeadamentre no ámbito da praza do Forno, buscaban transformar este espazo nun ambiente máis accesible, seguro e esteticamente agradable para toda a veciñanza.
As intervencións tamén incluíron a mellora das infraestruturas de acceso, a creación de espazos verdes, a instalación de mobiliario urbano e a renovación das áreas de circulación peonil, co fin de crear un espazo de convivencia nun entorno máis saudable e agradable para toda a comunidade.
Esta acción enmárcase na convocatoria 2023-2024 do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, impulsada á vez polo conxunto de medidas Leader.
O orzamento total ascendeu a 20.824,20 euros, dos cales 10.412,10 euros foron financiados mediante unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), asignada a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Monteval.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos