Conta atrás en Verín para a romaría do San Antón, en Ábedes
BENDICIÓN DAS MASCOTAS
Trala tradicional bendición dos animais na capela, a charanga Los Támega porá a amenización musical pola tarde.
A vila do Támega xa quenta motores para o primeiro festivo local do ano o vindeiro venres, 17 de xaneiro. Unha data sinalada no calendario comarcal pola celebración da festa na honra ao San Antón, cunha misa na capela de San Antón de Ábedes á que acompaña unha romaría durante todo o día á que acuden anualmente milleiros de persoas.
A principal particularidade da festividade e da xornada do San Antón, patrón dos animais, e o rito polo que o párroco bendice ás mascotas na capela de Ábedes, fundamentalmente cadelos, e que provoca que tradicionalmente a veciñanza leve os animais á misa.
Alén disto, a romaría a continuación é sempre unha cita ineludible para os verineses, que aproveitan para pasar un día de festa no campo, para o que se prenden fogatas para resistir o frío e se degustan produtos derivados do porco trala recente matanza por toda a contorna.
Finalmente, a tradición marca o día de San Antón como inicio do Entroido de Verín, coa habitual aparición en Ábedes dos primeiros cigarróns sempre que a climatoloxía o permita.
A agrupación de Protección Civil do Concello de Verín está a preparar o dispositivo para o venres, e publicará un mapa cos accesos de entrada e saída ao monte e as zonas para aparcar os vehículos.
Programación
O día arrancará en Ábedes cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas do Concello verinés. Estes acompañarán, en torno ás 12,30 horas, a procesión que partirá dende a igrexa parroquial ata a capela no monte, onde a misa solemne está previsto que teña lugar á 13,00 horas.
Tralo xantar, a media tarde esta romaría popular alcanza o seu punto álxido, que continúa coa sesión de tarde, a partir das 16,30 horas, amenizada pola charanga local Los Támega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CONCENTRACIÓN VECINAL
Mil firmas buscan soluciones en la avenida de Portugal
ELECCIONES ANTICIPADAS
Juanma Moreno convoca elecciones autonómicas en Andalucía el domingo 17 de mayo
A LAS 2:00 SON LAS 3:00
❌ ✅ Encuesta | ¿Considera necesario el cambio al horario de verano?