A cooperativa Verín Biocoop, beneficiaria do bono Consolida
A Xunta de Galicia destinará na provincia un total de 219.366 euros a 24 entidades de economía social
A Xunta de Galicia destina preto de 220.000 euros a 24 entidades de economía social da provincia a través das axudas dos bonos Consolida. O pasado ano a cooperativa Verín Biocoop SCG foi beneficiaria desta liña. Por iso, Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense, se achegou a súa sede, acompañado de Gerardo Seoane, alcalde de Verín.
O delegado territorial explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade fixo unha achega de 219.366 euros e anunciou próxima a publicación da nova convocatorio dos bonos Consolida e ES-Transforma para seguir impulsando en Galicia a creación e a consolidación de entidades de economía social, un modelo cun impacto na comunidade galega de máis de 3.000 millóns de euros, que representa o 7% do PIB e que está formado por máis de 3.100 compañías que dan traballo a 14.000 persoas.
Características dos bonos
Para a convocatoria deste ano, cun orzamento total de 1,5 millóns de euros, apoiarase con axudas de ata 20.000 euros a consolidación de entidades de economía social mediante axudas que inciden na transformación dixital e tamén na mellora da eficiencia enerxética para impulsar a actividade económica das empresas contribuíndo ao incremento da súa competitividade e, en definitiva, mantendo emprego de calidade. Financiaranse a adquisición de equipos informáticos, desenvolvemento de páxinas web e gastos de markenting, entre outras cousas.
O bono Es-Transforma, impulsa a recuperación de negocios en crise ou sen opción a remuda xeracional mediante fórmulas de economía social, apoiando ás persoas traballadoras que decidan asumir a titularidade destes negocios mediante a creación de cooperativas ou sociedades laborais, con apoios máximos de ata 74.000 euros.
Os dous programas enmárcanse no compromiso da Xunta de reforzar a economía social, un eido ao que destina este ano máis de 35 millóns de euros. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de desenvolver a Estratexia Galega de Economía Social, na que entre 2019 e 2021 se investiron máis de 89 millóns de euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
REFORESTACIÓN EN MONTERREI
Galería | Numerosos niños reforestan A Caridade tras los incendios del pasado agosto
Lo último
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales