MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
CONSERVATORIO DE MÚSICA
Este vindeiro sábado, 23 de novembro, a partir das 19,00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a V Gala da Igualdade, un evento de balde que combina cultura, música e compromiso cos valores da xustiza, igualdade, non violencia e inclusión.
A velada, presentada pola xornalista verinesa Nora Sola, renderá homenaxe a Santa Icía, patrona da música e das persoas dedicadas a esta arte, nunha celebración á que dende a corporación convídase a toda a cidadanía.
A programación deste sábado contará coas actuacións musicais do alumnado do Consevatorio Profesional de Música de Verín (CMUS), nas que amosarán todo o talento e a creatividade dos futuros músicos da vila, así como dos grupos Silveiras do Támega e o Dúo Vintage, que porán o broche musical á celebración.
Ademais celebrarase a presentación de dúas obras artísticas. Por unha banda, “Son do encanto”, de Marilar Salgado, unha creación que mestura arte e compromiso social, e por outra banda o libro “Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas”, coa intervención da filósofa e escritora Carme Adán, secretaria xeral de Igualdadade da Xunta co bipartito, e que aportará unha reflexión sobre a citada obra, da que ademais é unha das súas autoras.
Por último tamén terá lugar a inauguración dunha nova Aula Homenaxe dedicada a unha muller pioneira no ámbito da música que será desvelada esa tarde, subliñando a importancia de recoñecer referentes femininos no eido da cultura. O ano pasado unha destas aulas foi dedicada á música, cantante e instrumentista coruñesa Mercedes Peón.
Como colofón, ofrecerase unha chocolatada para compartir un momento de convivencia e desfrute colectivo. A V Gala da Igualdade está organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Verín, a súa ANPA e o Concello de Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
SOLVENCIA Y FUERZA
Mauro Dorado, del Celanova: “San Rosendo debe ser un fortín”
El casting se resuelve
Tres candidaturas para las fiestas de A Valenzá
SIN ALTERACIONES NI REBAJAS
El BNG llevará a la Diputación de Ourense la reactivación de la autovía A-56
CULTURA GALLEGA
Ruth Matilda Anderson, mucho más que fotógrafa