Cinco días de música, troula e xogos en Vilaza, en Monterrei
VERANO
A localidade celebra as súas festas en honra á Virxe da Asunción e a San Roque
Vilaza, no concello de Monterrei, xa ten todo listo para festexar as súas festas patronais en honra á Virxe da Asunción e San Roque. Hoxe arrancan coa II Gran Cea Popular no parque da Alameda, para continuar o domingo cunha das citas máis esperadas: a XII Carretada do Viño, amenizada pola Charanga Fuego a partir das 19,30 horas. A festa continuará coa verbena a cargo da discomóbil A Gramola.
O luns continúan os festexos cunha festa infantil e música da man da charanga Os Calqiueños e o grupo Jorge Menéndez Quartet. O día grande, o 15 de agosto, chega con un pasarrúas coa charanga Brexit para proceder á misa e procesión. Pola tarde chega a II edición dos Xogos do Polbo, na que poden participar persoas de todas as idades. A música correrá a cargo de la orquestra Compostela e A Gramola. O colofón final será o mércores con misa e procesión por San Roque da man da charanga Bandiños, cun partido de solteiros contra casados e música coa charanga Los Támega, La Banda de Ayer e A Gramola.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado, 21 de marzo