A DO Monterrei aproba un orzamento de 1,1 millóns para 2025
PLENO DO CONSELLO REGULADOR
O Consello Regulador ten previsto investir máis da metade do total orzamentario para a promoción da marca
O pleno da Denominación de Orixe (DO) Monterrei vén de aprobar o orzamento do Consello Regulador para o ano 2025, cando o habitual ata o de agora era que a dotación do presuposto se aprobara fóra de prazo.
Dende a DO apuntan a que, malia uns últimos meses de 2024 convulsos tralo cese do anterior presidente, Jonatás Gago García, co nomeamento do adegueiro Manuel Vázquez Losada como novo responsable, e a incorporación dun xerente, Gonzalo Losada Lorenzo, as cousas “estanse a facer ben”, facendo posible aprobar o orzamento “en tempo e forma”.
Do total do orzamento, que ascende a unha cantidade superior aos 1,1 millóns de euros, o Consello Regulador prevé destinar o vindeiro ano “máis dun 50%” a accións de promoción da marca Monterrei, tanto a nivel nacional como internacional, segundo afirman dende a DO.
O obxectivo das accións publicitarias, nas que se inclúen feiras, eventos, visitas á comarca e tuneis do viño é o de “chegar a máis público”, dando a coñecer e consolidando a marca Monterrei.
Para o ano 2025 tamén se está a valorar a creación dunha nova campaña de publicidade, aínda por decidir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
AUXILIADO POR LA LEGIÓN
Un ceutí recibe cuatro puñaladas por un grupo de inmigrantes que le robaron sus pertenencias