MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
EVENTO DE REFERENCIA
A Denominación de Orixe Monterrei (DO) estará do 6 ao 8 de maio a Fenavin (Feria Nacional del Vino), en Ciudad Real, onde dará a coñecer 30 viños de 16 das adegas inscritas cun formato de Túnel do Viño.
O Consello Regulador da DO acudirá baixo o amparo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). No espazo da DO Monterrei ofrecerase información sobre a tradición vitivinícola da zona, elaboracións, aspectos edafoclimáticos ou variedades de uva.
Fenavin reúne unha gran representación da hostalería, restauración e axentes compradores. Na edición anterior participaron 1.921 adegas, acolleu 519.807 contactos comerciais e unha estimación de negocio de 106 millóns.
“La presencia en esta feria busca promover un mayor conocimiento de la DO Monterrei entre el sector profesional e incidir en la búsqueda de nuevos canales de distribución y comercialización, además de reforzar nuestra imagen de marca”, indicou o presidente do Consello Regulador, Manuel Vázquez Losada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último