ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
VERANO
A actual edición das "Xornadas de Música Tradicional Nova Era", por cuarto ano celebrada, organizada pola Asociación de Música Tradicional de Monterreie a Banda de Gaitas Nova Era, volveu encher os bares da vila de Verín coa música tradicional e o son das pandeiretas.
Así, o pasado venres a partir das 20:00 horas foron xuntándose na praza García Barbón os integrantes de Nova Era, acompañados polas agrupacións de música popular Candaira, Silveiras do Támega e Cantarela do Riós.
Como colofón do segundo día, e tras levar o son tradicional polos bares e establecementos colaboradores do casco vello de Verín, preto da medianoite tivo lugar unha foliada popular na Alameda verinesa, con gran éxito de público e participantes que se animaron ir tocar todos xuntos.
Pero non todo foi música. Ao longo destes dous días, e os integrantes da banda tamén tiveron tempo o xoves de organizar xogos populares para a cativada e para os usuarios do centro de día Solleira e do Fogar de Santa María.
Os membros de Nova Era fixeron as delicias dos máis pequenos, mentres que as persoas maiores desfrutaron á tarde da música da banda. Algúns deles mesmo sacaron a relucir as súas dotes musicais e animáronse tamén a tocar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la UFAM en Ourense vuelve ser mermada?
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una colisión entre un coche y una moto en A Valenzá deja un herido