MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
COLABORACIÓN INSTITUCIONAL
A sede do AECT Eurocidade Chaves-Verín acolleu a quinta reunión de traballo do Foro Termal do Eixo Atlántico. A cita estivo presidida por Nuno Vaz, presidente do Forum Termal e presidente do AECT Chaves-Verín. Participaron, ademais dos representantes da Eurocidade Chaves–Verín, delegados das cidades de Lugo, Carballiño, Caldas de Reis, Santa María da Feira e Guimarães. O Foro Termal do Eixo Atlántico está a levar a cabo accións para a promoción de hábitos biosaudables, a investigación en colaboración con universidades, a promoción conxunta dos destinos termais, captación de recursos de financiamento con programas e planos europeos ou a formación e visibilidade dos recursos propios, tanto termais como históricos e patrimoniais.
Para poder seguir a traballar nesta liña, durante a reunión abordáronse, entre outros, a creación dunha guía do termalismo da Eurorrexión, que estará lista no inicio do outono e que está a ser coordinada polo Concello de Ourense. Ou tamén a posta en marcha dun Clube da Auga, co obxectivo de favorecer a compra de augas de excelencia da Eurorrexión, así como ofertas termais e promocións das cidades. Tamén se propuxo elaborar un inventario das necesidades do termalismo, que serán trasladadas aos gobernos rexionais, nacionais e á Unión Europea.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador